Porto de Avilés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barco na dársena de San Agustín

Coordenadas: 43°35′00″N 5°56′00″O / 43.58333333, -5.93333333 O porto de Avilés é un porto situado nas dúas beiras da ría de Avilés, en Asturias. Está bañado polo mar Cantábrico e consta de varios peiraos para o atraque de barcos de diferente calado, entre os que caben destacar a Dársena de San Agustín, o Peirao de Raíces e a Dársena de San Juan de Nieva por ser os máis amplos.

A cantidade de mercancías que se cargan aquí crece ano tras ano, pero son de especial interese as enormes cantidades de aluminio para a fábrica de Alcoa (antiga Inespal), de aceiro e chatarra para a factoría de Arcelor Mittal e de zinc para a fábrica Asturiana de Zinc, pertencente a Xstrata, que desembarcan aquí cada ano. Ademais trátase do porto pesqueiro máis importante de toda a rexión, superando ao Musel de Xixón en capturas descargadas.

Así mesmo, a Autoridade Portuaria de Avilés tamén controla os usos do porto deportivo de Avilés, que se atopa anexo á dársena pesqueira, máis concretamente na parte máis próxima ao Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]