Arciprestado de Xuvia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mosteiro do Couto

O Arciprestado de Xuvia é un dos 7 arciprestados da diocese de Mondoñedo-Ferrol, que comprende as parroquias dos concellos coruñeses de Cedeira, Cerdido, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño e Valdoviño.

Situación[editar | editar a fonte]

Está situado na franxa occidental da diocese mindoniense. Limita co arciprestado do Ortegal-As Pontes polo norte e leste, o de Bezoucos polo sur e o de Ferrol polo oeste. O monumento eclesiástico máis salientable é o mosteiro do Couto.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Fórmano as seguintes parroquias:

Cedeira

Santa María do Mar de Cedeira, Santalla de Cervo, San Fiz de Esteiro, San Xiao de Montoxo, San Cosme de Piñeiro, Santa María de Régoa, San Román de Montoxo e Santo André de Teixido.

Cerdido

Santo Antonio da Barqueira, San Xoán dos Casás e San Martiño de Cerdido.

Moeche

Santiago de Abade, Santa María de Labacengos, San Xoán de Moeche, San Xurxo de Moeche e Santa Cruz de Moeche.

Narón

Santa María de Castro, San Martiño do Couto, San Lourenzo de Doso, Santiago Apóstolo da Gándara, San Salvador de Pedroso, San Xiao de Narón, Nosa Señora dos Desamparados, Santo Estevo de Sedes, San Mateo de Trasancos e Santa María a Maior do Val, Santa Rita de Xuvia e San Xosé Obreiro.

Neda

San Pedro de Anca, San Nicolás de Neda, Santa María de Neda e Santo André de Viladonelle.

San Sadurniño

Santa María de Bardaos, San Paio de Ferreira, Santa María de Igrexafeita, San Xiao de Lamas, Santa María de Naraío, Santa María de San Sadurniño e Santa Mariña do Monte.

Valdoviño

Santiago de Lago, San Pedro de Loira, San Bartolomeu de Lourido, San Vicente de Meirás, Santiago de Pantín, Santa María do Sequeiro, Santalla de Valdoviño, San Vicente de Vilaboa e San Martiño de Vilarrube.

Arciprestados da Diocese de Mondoñedo-Ferrol[editar | editar a fonte]

Arciprestados da Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Ferrol | Mondoñedo | O Ortegal-As Pontes | Ribadeo-Miranda | A Terra Chá | Viveiro | Xuvia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]