Pantín, Valdoviño
| Pantín | |
|---|---|
Igrexa de Santiago de Pantín | |
| Concello | Valdoviño[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°38′02″N 8°06′03″O / 43.6339, -8.1008 |
| Área | 13,1 km² |
| Poboación | 573 hab. (2025) |
| Densidade | 43,74 hab./km² |
| Entidades de poboación | 38[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santiago de Pantín é unha parroquia situada no norte do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 612 habitantes (317 mulleres e 295 homes) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 626 habitantes. Ten unha superficie de 13,1 km², cunha densidade de 46,71 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é pantinexo.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santiago de Pantín é un templo de estilo ecléctico con planta de cruz latina, unha soa nave, presbiterio e dúas capelas laterais. Na súa fachada principal, á que se atopa acaroada a unha das súas bandas unha torre campanario de planta cadrada e coroada por unha cúpula, destaca, sita sobre a súa portada, un fornelo coa imaxe de Santiago. No seu interior gárdanse, sitos nas súas capelas laterais, retablos neogóticos.
Surf
[editar | editar a fonte]No mes de setembro celébrase o Pantín Classic, unha proba válida para o campionato mundial de surf na praia homónima da parroquia.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Cruceiro
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Pantín
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Pantín no concello de Valdoviño (provincia da Coruña) | |
|---|---|
|
O Ariño | A Barreira | O Bieiteiro | O Cadaval | A Cardosa | Casianes | O Castro | O Cotillón | Covo | Domondó | Fermil | As Ferrerías | Figueredo | Frádegas | O Freixo | A Gabeira | Lagares | A Lagoa | A Laxe | A Loira | Marnela de Abaixo | Marnela de Arriba | A Moreira | O Mouriscal | O Outeiro | A Pedreira | A Pereira | A Ramalleira | O Rodo | San Xiao | O Talieiro | A Teixoeira | As Trabes | A Uceira | Os Veceiros | Villamil | Xavariz | Xestal |
Parroquias de Valdoviño
[editar | editar a fonte]| Antigas parroquias de Valdoviño | |
|---|---|