Ferreira, San Sadurniño
| Ferreira | |
|---|---|
Igrexa parroquial de San Paio. | |
| Concello | San Sadurniño[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°31′26″N 8°02′00″O / 43.5238, -8.0332 |
| Poboación | 279 hab. (2025) |
| Entidades de poboación | 39[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Paio de Ferreira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 293 habitantes (143 mulleres e 150 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 396 habitantes.
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Sepulcro antropomórfico esculpido en rocha no pico de San Vicente.
- Fonte de San Paio.
- Igrexa de San Paio de Ferreira, de estilo barroco.
- Existen dúas antigas escolas: Seara Escola de Buenos Aires e Escola da Leiriña, inauguradas en 1915 pola Sociedad Pro-escuelas da Arxentina. Foron rehabilitadas polo concello.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ferreira
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Ferreira no concello de San Sadurniño na Provincia da Coruña | |
|---|---|
|
O Bidueiro | Borreiros de Abaixo | Borreiros de Arriba | Cadavás | Caínce | A Camba | A Castiñeira | A Chabola | O Chao | O Chao de San Cristovo | A Costa | O Coto | O Couce da Fraga | O Escoitadoiro | As Filgueiras | A Fraga | A Gándara | Lapas de Abaixo | Lapas de Arriba | A Leiriña | A Nogueira | A Picheira | O Pico de Caínce | O Pico de Ferreira | Piñeiros | Pontellas | Os Pontigos | A Praza | O Rosoiro | Santiso | A Seara | O Seixo | A Senra | O Souto Calvo | O Sumeiro | O Tarambelo | Valiño | A Vila | O Xestal |