O Couto, Narón, Narón
| O Couto | |
|---|---|
Mosteiro do Couto | |
| Parroquia | Narón |
| Concello | Narón |
| Coordenadas | 43°29′53″N 8°10′31″O / 43.4981, -8.1752 |
| Poboación | 1376 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Couto é un barrio de Narón no concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2024 tiña 1.376 habitantes (690 homes e 686 mulleres)[1][2], o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 1.574 habitantes[3]. Tamén se denomina Xubia (San Martiño)[3][4].
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.[5]
Situación
[editar | editar a fonte]Está situado no sur-sueste do concello. Limita ao norte co barrio de Piñeiros, do que o separa de forma natural o río Freixeiro, e a ría de Ferrol; ao sur e ao leste coa propia ría de Ferrol, e ao oeste cos barrios do Alto do Castiñeiro e A Gándara.
Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de San Martiño de Xuvia. Esta parroquia foi a orixe de todas as outras que hoxe forman o núcleo urbano de Narón, xa que a medida que se foi asentando poboación nestes barrios, foron segregándose da súa matriz para dar orixe a novas parroquias. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Mosteiro do Couto. Mosteiro en estilo románico do século XII.
- Muíño das Aceas. Muíño que funcionaba coas mareas.
- Castro do Petouzal ou do Couto que dá nome ao lugar.
Imaxes do Couto
[editar | editar a fonte]-
Campanario do mosteiro do Couto
-
Capela do Lodairo
-
Muíño das Aceas
-
Ribeira de Longras
-
Ovellas no Couto
-
Escáncer macho
-
Ourizo
-
Avespeiro
-
Congostra
-
Castro do Petouzal ou do Couto que da nome á parroquia
Lugares, barrios e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares do barrio Couto
[editar | editar a fonte]| Lugares do barrio do Couto no concello de Narón, na provincia da Coruña | |
|---|---|
|
O Castro do Petouzal | As Covas | Cornido | O Couto | A Faísca | A Fonte de Neixa | O Hedreiro | O Lodairo | Longras | O Muíño do Vento | O Outeiro | A Pena | O Picho | A Picota | O Salto | O Souto | A Veiga | O Vilar da Faísca | As Viñas |
Barrios de Narón
[editar | editar a fonte]| Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña | |
|---|---|
|
O Alto do Castaño | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia |
Parroquias de Narón
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE -". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-03.
- ↑ "Demo del mapa digital de secciones censales". GeoTáctica (en castelán). Consultado o 2025-09-03.
- ↑ 3,0 3,1 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2003". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-03.
- ↑ "ORDE do 10 de xullo de 2001 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos de Abegondo, Arteixo, Coristanco, A Coruña, Dumbría, Mazaricos, Narón, Noia, Oroso, O Pino, Ponteceso, Ribeira, Sada, Tordoia, Trazo e Vilasantar.". DOG. Xunta de Galicia. Consultado o 3 de setembro de 2025.
- ↑ Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2