Cedeira, Cedeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cedeira
Vila de Cedeira e praia da Madalena
ConcelloCedeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°39′36″N 8°03′09″O / 43.6599, -8.0526Coordenadas: 43°39′36″N 8°03′09″O / 43.6599, -8.0526
Poboación4824 hab. (2016)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María do Mar de Cedeira[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 4824 habitantes (2408 mulleres e 2416 homes),[2] distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007 cando tiña 4998 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Cedeira esténdese pola aba oriental do monte Eixil, á beira dereita do río Condomiñas. Os límites da parroquia son: polo norte a parroquia de Cervo, dende o Regueiro do Couto no río Condomiñas, polo coto Monteagudoe e a Penalonga até a fonte de Eixil chegando ó mar. Polo leste linda coa ría de Cedeira e o río Condomiñas, que a separan das parroquias de Régoa e Piñeiro. Ao sur e polo oeste limita co mar.

A parroquia conta cun antigo núcleo de poboación, a vila latina Cetaria, asentada na beira do río Condomiñas, esténdese na actualidade ao outro lado do río en territorio xa da veciña parroquia de Piñeiro no mesmo cruzamento das estradas que chegan de Ferrol e do Campo do Hospital e que teñen continuidade nunha ponte de tres arcos que cruza o río e une o núcleo de poboación. Un pouco máis río abaixo construíuse outra moderna ponte e máis recentemente unhas modernas infraestruturas portuarias pesqueiras que fan desta vila un importante enclave neste sector económico ao que contribúe tamén a praia urbana da Madalena no sector turístico e de lecer.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na parte alta da vila atópase a igrexa parroquial de Santa María de mediados do século XV, pero con varias reformas posteriores. Ten planta de cruz latina e unha nave lateral cunha bóveda de cantería. No seu interior atopamos algúns sepulcros de certa notoriedade. A torre do seu campanario, de forma cadrada foi construída no ano 1839.

Nas proximidades do espigón do porto quedan os restos dun castelo, o da Concepción, que foi erguido sobre os restos dun castro. Aparece inventariado en 1784 : “con oito canóns en servizo e once inutilizados, todos de ferro fundido e conserva nove cureñas útiles e cinco inservibles”.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cedeira[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cedeira no concello de Cedeira

A Acea | A Arba | A Areosa | A Cardosa | Cedeira | O Cotelo | Espasante | Figaredo | Lamelas | Noval | Regueiro do Couto | As Saíñas | Vilacacín | A Xunqueira


Parroquias de Cedeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]