Meirás, Valdoviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meirás
A Frouxeira, Meirás, Valdoviño.jpg
Capela da Virxe do Porto e, ao fondo, o faro da Frouxeira.
Concello Valdoviño
Área 6,8 km²
Poboación 1.317 hab. (2007)
Densidade 193,68 hab./km²
Entidades de poboación 23

San Vicente de Meirás, antigamente San Vicenzo de Meirás[Cómpre referencia] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño e conta cunha superficie de 6,8 Km².

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.381 habitantes (689 homes e 692 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 1.317 habitantes. A súa densidade de poboación é de 193,67 habitantes por Km².

Igrexa parroquial de San Vicente.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Vicente de Meirás é un pequeno templo de planta rectangular cunha soa nave, dúas capelas laterais, presbiterio e sancristía, que destaca pola súa torre campanario de planta cadrada sita no centro da súa fachada principal e rematada en forma piramidal. O seu elemento de maior interese é o retablo gótico do seu altar maior.

É de destacar tamén o castro de Castrillón, o que fora o emprazamento das baterías de costa no alto do monte da Vela en Montefaro, e o moderno faro de Punta Frouxeira.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Meirás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Meirás no concello de Valdoviño (provincia da Coruña)

O Amedo | O Barral | O Canto do Muro | A Capela | O Carballoso | A Chousa | A Cubeta | O Feal | Fornos | O Funchal | A Gándara | A Igrexa | A Lameira | Lavacerido | Montefaro | Padín | As Pallotas | A Pedreira | A Penela | Riaña | Riobó | Taraza | Vilanova


Parroquias de Valdoviño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Valdoviño

Lago (Santiago) | Loira (San Pedro) | Lourido (San Bartolomeu) | Meirás (San Vicente) | Pantín (Santiago) | O Sequeiro (Santa María) | Valdoviño (Santalla) | Vilaboa (San Vicente) | Vilarrube (San Martiño)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]