Cervo, Cedeira
| Cervo | |
|---|---|
Serra da Capelada en Cervo | |
| Concello | Cedeira[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°41′07″N 8°02′26″O / 43.68534392, -8.04054934 |
| Poboación | 160 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 26[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santalla de Cervo[1] é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 210 habitantes (112 mulleres e 98 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia de Cervo está situada na parte alta do val do río Condomiñas e na aba leste do monte Eixil que polo norte forma os elevados cantís de Punta Candieira. Os lindes desta parroquia son: Polo norte e oeste, o mar, dende a Boca da Ribeira á Fonte da Ardillosa; polo leste a parroquia de Régoa e polo sur a parroquia de Cedeira, dende a desembocadura do rego do Couto no río Condomiñas, até a fonte de Eixil e da Ardillosa.
Unha estrada que sae da vila de Cedeira pasa por Chímparra, polos altos da Capelada e chega até o concello de Cariño, atravesa esta parroquia polo leste cruzando os lugares de Retorta, Magoira, Corredoira, Graña e Rabadán.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No lugar de Ledín está a igrexa parroquial que ten a Santa Baia coma patroa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cervo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cervo no concello de Cedeira | |
|---|---|
|
A Arrasa | O Calvario | O Cancelo | Carreiro | Cervetelo | Chímparra | A Corredoira | Corveiro | O Covo | O Eirado | Espiñaredo | Golmar | A Graña | As Lamestras | Ledín | Magoira | Nebril | Punta Candeeira | Rabadán | Remesal | Os Salgueiros | Sobolocovo | Trasmonte | Viladesuso | Vilar | Vilas |