Abade, Moeche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°34′44″N 8°00′18″O / 43.5787739, -8.0049338

Abade
Igrexa de Abade.JPG
Igrexa de Santiago de Abade.
ConcelloMoeche
Poboación282 hab. (2013)
Entidades de poboación18

Santiago de Abade é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Moeche, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2013 tiña 282 habitantes (145 mulleres e 137 homes), 85 menos ca en 1999. Ten 18 entidades de poboación.

Características[editar | editar a fonte]

No Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Cedeira e á provincia de Betanzos. En 1826 tiña 284 habitantes[1], e en 1846 tiña 189[2]. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

A igrexa está situada no lugar de Leboreiro. Ten planta rectangular dunha soa nave con sancristía. O presbiterio é abovedado, con dous pequenos contrafortes no exterior, e está separado da nave por un arco de triunfo.[3] En 1846 a igrexa era anexa á de Labacengos.

A parroquia está atravesada pola estrada AC-862 (antiga C-642).

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Abade[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Abade no concello de Moeche (A Coruña)

Canosa | Casanova | O Coto | Finlle | Fontepécora | Gangoavella | Gundiao | Leboreiro | Louridos | Mil de Abaixo | Mil de Arriba | Monte | Peneiro | Seixo | Trieiro | Valdixe | Vilariño | Xanfero

Parroquias de Moeche[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Moeche

Abade (Santiago) | Labacengos (Santa María) | San Xoán de Moeche (San Xoán) | San Xurxo de Moeche (San Xurxo) | Santa Cruz de Moeche (Santa Cruz)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]