Régoa, Cedeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Régoa
Serra da Capelada, Cedeira.jpg
Serra da Capelada.
Mapa Regoa.PNG
ConcelloCedeira
Poboación380 hab. (2017)
Entidades de poboación25

Santa María de Régoa é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 398 habitantes (201 homes e 197 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 442 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia de Régoa esténdese polas vertentes occidentais da Serra da Capelada, parte do val do río Condomiñas até os cumes da dita Serra da Capelada e mesmo parte da vertente oriental até os afluentes do río Seixo. Limita ao noroeste co océano Atlántico, entre a Boca da Ribeira e os cantís do monte da Herbeira; polo leste as parroquias de Landoi dende o rego Couce do Arresto, afluente do Seixo, até o rego do Ameneiro na Pasada das Mestas e a de Veiga polos altos da Capelada; polo sur linda coa parroquias de Montoxo separada polo rego do Feal até a ponte de Braxe e coa de Piñeiro na fonte da Balteira eo rego da Pontigas; polo oeste limita coas parroquias de Cedeira no río Condomiñas e a de Cervo.

A estrada que vai dende Cedeira até Chímparra cruza a parroquia polos lugares de Pontigas, Nogueira, Canabal, Igrexa, Barral e Malde.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na beira dereita do regato do Barral e moi preto de Canabal está a igrexa parroquial na honra de Santa María. Se ben ten moita máis sona o santuario de Santo André de Teixido, erguido nun pequeno val pendurado do cantil, sobre unha antiga ermida pequena e que conta cun altar churrigueresco de certa notoriedade. Segundo Federico Maciñeira foi erguida no ano 1655 e reformada no 1785. Lugar de romaxe coñecido dende moi antigo e aínda hoxe bastante frecuentado xa non do xeito e devoción relixiosa de antano. –Ao Santo André de Teixido vai de morto, o que non vai de vivo- di o dito popular. A base deste santuario acadou este lugar entidade de parroquia eclesiástica, anexa a de Régoa, pero independente, se ben administrativamente non ten recoñecida esta categoría.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Régoa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Régoa no concello de Cedeira

O Adro | Balteiro | O Barral | As Barrosas | A Bouza | O Canaval | A Casanova | A Casavella | O Coto | Eiravedra | Ervellás | O Formigueiro | Malde | A Nogueira | A Painceira | A Pardiñeira | As Pontigas | Reboredo | A Rúa | O Taraño | O Telleiro | Tide | O Toxo | Veriño de Abaixo | Veriño de Arriba

Parroquias de Cedeira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cedeira

Cedeira (Santa María do Mar) | Cervo (Santalla) | Esteiro (San Fiz) | Montoxo (San Xiao) | Piñeiro (San Cosme) | Régoa (Santa María) | San Román de Montoxo (San Román) | Teixido (Santo André)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]