San Xiao de Narón, Narón
Coordenadas: 43°31′48.39″N 8°10′0.50″O / 43.5301083, -8.1668056
San Xiao de Narón | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Xiao | |
![]() | |
Concello | Narón |
Área | 6,75 km² |
Poboación | 947 hab. (2017) |
Densidade | 140,3 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 |
San Xiao de Narón é unha parroquia situada no centro do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 988 habitantes (508 mulleres e 480 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, un menos que no 2004. A súa densidade de poboación é de 146,37 hab/km².
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ao norte coas parroquia de Castro e Sedes, ao sur cos barrios de Piñeiros e Xuvia, ao leste coa parroquia de Sedes e o barrio de Xuvia, e ao oeste co barrio de Piñeiros e a parroquia de Castro.
Historia[editar | editar a fonte]
No adro da igrexa parroquial foi onde se constituíu, por vez primeira, o concello de Narón, tomando o nome da parroquia para o novo municipio.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de San Xiao de Narón[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de San Xiao de Narón no concello de Narón | |
---|---|
A Areosa | Os Bicás | Forxas | A Fraga | A Igrexa | A Pena Parda | Prados | A Revolta | Sequeiro | A Venda | A Verruga | O Vilar |