Afonso de Lanzós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alonso de Lanzós")
Afonso de Lanzós
Cabaleiro
Pontedeume-Andracast-04.jpg
Castelo dos Andrade

Nome completo Afonso de Lanzós e Castro
Outros títulos Señor da casa e torre de Lanzós e Vilousaz, de Louriñá, Medín, Ois, As Mestas, Vilamourel e Vigo
Nacemento 1420?
Betanzos
Falecemento 1480/1492?
A Coruña
Rexente Henrique IV
Cónxuxe/s Constanza Vázquez de Insua?
María de Castro e de Montaos
Descendencia Da 1ª muller: María de Lanzós
Da 2ª: Inés, Leonor, Xoana e Isabel
Proxenitores Xoán Freire de Lanzós
Isabel de Castro

Escudo de Afonso de Lanzós

Afonso de Lanzós[1][2][3] ou Alonso de Lanzós,[4][5][6][7][8] foi un nobre e dirixente irmandiño. No ano 1467, dentro da Gran Guerra Irmandiña, uniuse aos vasalos facendo súas as reivindicacións destes e dirixiu xunto a Pedro Osorio e Diego de Lemos un auténtico exército popular. Lanzós ergueuse contra a casa dos Andrade, aos que servira, por afrontas á súa propia familia. Logrou vencer todas as súas fortificacións, agás a de Moeche, aínda que finalmente foi preso por Fernán Pérez Parragués e rematou nun calabozo dos Andrade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afonso de Lanzós era un cabaleiro galego orixinario de Betanzos, un fidalgo modesto que entón tiña vinte homes de a cabalo e catrocentos vasalos. Serviu ao seu curmán Fernán Pérez de Andrade para despois pasar á casa dos Gómez Pérez das Mariñas. En 1465, foi a Castela para solicitar a protección do rei Henrique IV.[9]

Segunda revolta irmandiña (1467 a 1469)[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Gran Guerra Irmandiña.

A revolta iniciouse en Santiago de Compostela e estaba formada por 80.000 homes armados e dirixida por:

Nos inicios a revolta fíxose co territorio destruíndo máis de cen castelos e os nobres fuxiron a Portugal, Asturias e Castela. En 1468, Lanzós derrotou aos baróns feudais. En 1469 Pedro Madruga, fuxido nos inicios da revolta, iniciou a ofensiva dende Portugal coa axuda de parentes e amigos da cabalería portuguesa ao mando dun exército armado con arcabuces, e percorreu o traxecto Tui-Pontevedra-Padrón-Santiago, encontrándose con Fonseca e Pimentel cerca de Santiago de Compostela. Un segundo exército dirixido polo arcebispo Fonseca veu dende Salamanca, acompañado de Juan Pimentel, irmán do conde de Benavente, así como de Pedro Vega e outros cabaleiros. Pedro Álvarez xuntouse con eles en Balmalige preto de Santiago. O terceiro exército chega dende Castela, co conde de Lemos, que avanza dende Ponferrada ata Monforte de Lemos con Pedro Pardo de Cela. O exército irmandiño descoñecía as armas de fogo. Empregaban só béstas, ondas e catapultas. Pedro Madruga gaña batalla tras batalla e Afonso de Lanzós tense que retirar cos seus homes ao castelo dos Andrade en Pontedeume. Por entón Pedro Osorio e Diego de Lemos réndense, deixan a revolta e pásanse ao inimigo. Sabedor da crueldade do señor dos Andrade e da imposibilidade de continuar a loita, decide renderse ao bispo de Santiago, Afonso de Fonseca II e entrega Pontedeume. Cando se retiraba foi feito preso e entregado a Fernán Pérez de Andrade en 1470.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Escudo do concello de Maceda coas armas dos Lanzós.

Afonso de Lanzós perdeu as súas posesións a mans do conde de Lemos e Diego de Andrade en vinganza:

  • A casa forte de Lanzós, e outras
  • Os coutos de San Sadurniño, Ferreira, e San Martiño con todos sus vasallos, señorío e jurisdiçión çevil e creminal.
  • Os padroados e beneficios de Lanzós, San Sadurniño, O Deveso, San Cristovo de Ferreira, San Xiao de Ferrol, San Xurxo da Mariña, San Xoán de Esmelle, Santa Uxía de Mandiá e San Mateo (actual Narón).

Fixo testamento o 21 de maio de 1480 na cidade da Coruña, na casa do mercador Juan de Dios onde se atopaba recollido e prostrado de enfermidade;[10] mandou ser enterrado no convento de San Francisco da Coruña onde di que descansaban os seus devanceiros[11]. A súa viúva en 1492 preitea pola recuperación dos bens.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Don Alfonso de Fonseca, arzobispo de Santiago, considerando los buenos servicios prestados por Alonso de Lanzós... Cita: Don Alfonsso de Fonseca, por la miseracion divina, arçobispo de Santiago, cappellan mayor de nuestro señor el rey e del su Consejo, e su notario mayor del regno de Leon, acatados los buenos e leales serviçios que vos, Alfonsso de Lançoos, fijo de Juan Freyle de Lançoos,. 26/5/1463. CCG.
  2. "O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Afonso de Lanzós e á súa muller unhas casas na freguesía de Santiago de Lugo por renda anual de 150 marabedís" 18/4/1469. CCG.
  3. Dopico Blanco, Fernando (2006). "Prolegómenos, fundación e transmisión dos morgados de Baltar e San Sadurniño na Comarca de Ferrol (séculos XVI ao XVIII)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (Pontedeume) (13): 446. Yten deyxo, nomeo et declaro por meu unibersal herdeiro a Afonso de Lençoos, meu sobrinno 
  4. "Alonso de Lanzós". Diccionario enciclopédico galego universal 3. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 49. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. "Alonso de Lanzós". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 105. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  6. "Alonso de Lanzós". Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 366. ISBN 84-7680-288-9. 
  7. "Alonso de Lanzós". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. 
  8. Aparece, simplemente, como "Alonso Lanzós", sen preposición, en Pallares e Portela (1996). "Idade Media". Nova Historia de Galicia. Tambre. p. 228. ISBN 84-88681-27-5. 
  9. Fernández, Hilario (25/7/2010). "Alonso de Lanzós, el gran caudillo irmandiño". El Correo Gallego (en español). 
  10. Traslado do testamento de don Alonso de Lanzós
  11. Dopico Blanco, Fernando (2006). "Prolegómenos, fundación e transmisión dos morgados de Baltar e San Sadurniño na Comarca de Ferrol (séculos XVI ao XVIII)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (Pontedeume) (13): 446. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]