Manuel González Álvarez
Manuel González Álvarez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1955 |
Lugar de nacemento | A Rúa |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | guionista e catedrático |
Premios | Premios Mestre Mateo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel González Álvarez, nado na Rúa en 1955, é un guionista e investigador cinematográfico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, participou na formación de cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Foi director do I.F.P Allariz (1979-1982), onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia, da Videoteca de Galicia (1984-1985) e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña (1990-1998). Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a TVG. Levou a cabo traballos de investigación sobre a historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América.
Obras[editar | editar a fonte]
- Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990.
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2013 | Premio de Honra Fernando Rey | Gañador |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Ficha na Axencia Audiovisual Galega". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 14 de xaneiro de 2012.
- "Tan solo buscaba mejorar mi relación con los alumnos de mi instituto" Eleconomista.es 30/12/2014 (en castelán).