Conversa:Afonso de Lanzós

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Propoño mover o contido desta páxina a outra nova titulada Alonso de Lanzós.

Non achei referencias bibliográficas dese nome para se referir ao dirixente irmandiño. A busca en Google de "Afonso de Lanzós" non produce resultados significativos que indiquen que este personaxe fose nomeado así. Só na web:

http://www.estudioshistoricos.com/articulo/sds/sds_09.htm

faise referencia a un tal "Lopo Afonso de Lanzós" no documento nº 15 datado en 1419 e, xa que logo, non pode ser o mesmo do que aquí falamos.

Pola contra, hai abundantes referencias ao nome "Alonso de Lanzós" tanto en bibliografía como na rede, particularmente na Galipedia.--Xosé Antonio 19:34, 2 de novembro de 2011 (UTC)

  • Feito! Movido, e deixei Afonso como redirección por se acaso. --Atobar (conversa comigo) 00:26, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Afonso ou Alonso?[editar a fonte]

Non teño moita idea de linguas medievais mais, polo que sei doutros personaxes medievais, penso que naqueles tempos usábanse indistintamente ambos nomes. Certo é que na Colección Diplomática do mosteiro de San Salvador de Celanova noméase a Afonso de Lençoos. De tódolos xeitos, moitos historiadores refírense a el como Alonso de Lanzós en textos escritos en galego (véxase por exemplo Dopico Blanco, Fernando (2006). Concello de Pontedeume, ed. "Prolegómenos, fundación e transmisión dos morgados de Baltar e San Sadurniño na comarca de Ferrol (séculos XVI ao XVIII)" (PDF). Cátedra, revista eumesa de estudios 13: 446–447. . En calquera caso, de cambia-la páxina, penso que cando menos se debería deixar unha redirección en "Alonso de Lanzós" pois, para moitos de nós, é o nome polo que coñecemos a este personaxe. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de xuño de 2017 ás 22:29 (UTC)[responder]

Na Idade Media había moitas persoas que se chamaban Afonso (coa forma abreviada Afon cando ía antes de patronímico) e, como tódolos nomes moi frecuentes, representábase con abreviatura, Aº. Os editores dos textos medievais formados en español, adoitan desenvolver esa abreviatura como Alonso ou Alfonso, pero esas formas por extenso son moi raras nos textos galegos. A iso hai que engadirlle que o apelido Afonso foi case sistematicamente castelanizado en Alonso (véxanse os números respectivos na Cartografía dos Apelidos Galegos). Como consecuencia, os persoeiros medievais que levaban ese nome aparecen moitas veces nos textos modernos como Alonso (e isto pasa con algúns outros nomes e apelidos, como Martís -> Martínez). O lóxico e axustado á realidade é pór os nomes que realmente tiñan. Neste caso, Afonso. --Anox 7 de xuño de 2017 ás 17:22 (UTC)[responder]
Non discuto todo iso e paréceme ben que a páxina leve ese nome, pero como ti mesmo dis aparecen moitas veces en textos modernos como Alonso entón, que problema hai en deixar unha redirección en "Alonso de Lanzós"? Deste xeito a páxina faise visíbel a persoas que se buscan a Alonso de Lanzós igual pensan que non temos unha entrada dedicada a este pesoeiro. Por exemplo, o nome galego de Gijón é Xixón, porén deixamos unha redirección en Gijón polo seu frecuente uso aínda que non sexa galego. Saúdos,--Xosé Antonio (fálame sempre) 11 de xuño de 2017 ás 21:32 (UTC)[responder]
Xosé Antonio, eu creo que o que deberíamos saber é se o nome de Alonso de Lanzós é realmente correcto en galego, ou se é un "castelanismo". Que estea a ser utilizado en determinadas obras, como por exemplo a GEG e outras, non é indicativo de gran cousa, porque é posible que esas obras só estean difundindo ese "castelanismo" (en concreto a GEG considero que así o fai porque a maioría dos seus artigos, se non todos, son unha tradución sen moito coidado da súa versión en castelán). Se este é o caso, que non sei certo porque eu non teño coñecementos abondo deste tema, entón non poderíamos ter unha redirección dun termo incorrecto. Gijón non é un exemplo válido para este caso xa que esa redirección existe porque é o nome oficial da cidade.
Eu o que faría sería eliminar a redirección Alonso de Lanzós, porque entendo que é un castelanismo e non se poden crear redireccións de termos incorrectos (igualmente que non temos pulpo, por exemplo), e indicar no artigo cunha nota que nalgúns textos úsase esa forma castelanizada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2017 ás 09:40 (UTC)[responder]
Polo visto HombreDHojalata considera que debe haber unha redirección en Alonso de Lanzós. De feito xa a fixo e xustifícao pola abundante bibliografía existente con ese termo. Pola miña parte dou por pechado o tema, penso que o correcto é que haxa unha redirección a pesar de non ser unha palabra galega, pero facede o que creades conveniente, saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 12 de xuño de 2017 ás 21:54 (UTC)[responder]
Mira Xosé Antonio, no documento que ligaches ti arriba, na páxina 446 di nunha referencia (as grosas son miñas): "Esta Dª Beatriz de Castro no seu testamento di: “Yten deyxo, nomeo et declaro por meu unibersal herdeiro a Afonso de Lençoos, meu sobrinno, fillo de Juan Freyre de Lençoos et de minna yrmaa dona Ysabel de Castro". Se a referencia que achegan di claramente Afonso..., por que teñen que dicir que ese señor é Alonso??? Para min que eles mesmos están a contradicirse... A ver se HombreDHojalata pode botarlle un ollo a esta conversa e comentar algo sobre o tema, pero eu penso que deberíamos eliminar esa redirección e indicar no artigo, cunha nota, que hai bibliografía que usa esa forma castelanizada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2017 ás 07:48 (UTC)[responder]
As razóns enténdoas perfectamente, e ben sei o que di o texto que liguei. Insisto unha vez máis que entendo que o nome Alonso non é galego, e tamén entendo que a páxina debe chamarse Afonso de Lanzós e as razóns polas que consideras que non ten que haber redirección. O que eu propoño non sei se viola algunha das nosas normas sobre o título das páxinas e/ou redireccións, pero sigo pensado que unha redirección faría a páxina máis visible e tería máis visitas (aínda así poucas), amais tendo en conta que non hai unha entrada para este personaxe na wiki en castelán. Perfecto, xa dixen que fixérades o que credes que é conveniente, e o da nota que dis paréceme ben se non prospera a redirección. Por certo na wiki portuguesa a páxina chámase Alonso de Lanzós:) Alguén debería aconsellarlles que cambien o nome pois semella unha tradución da nosa páxina. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 13 de xuño de 2017 ás 10:28 (UTC)[responder]