Catapulta
Catapulta | |
---|---|
![]() | |
Tipo | clase funcional de armas ![]() |
Subclase de | arma de asedio, arma branca e arma neurobalística ![]() |
Contacto | |
Redes | ![]() |
[ Wikidata ] |
Unha catapulta[1] é un instrumento militar utilizado na antigüidade para o lanzamento a distancia de grandes obxectos a modo de proxectís. Foi inventada probabelmente polos gregos e posteriormente mellorada por cartaxineses e romanos, e foi moi empregada na Idade Media.
Características
[editar | editar a fonte]A catapulta foi creada principalmente para derrubar murallas inimigas e tomar por asalto os castelos. Poida que os primeiros en usala con este fin fosen os gregos. As catapultas son armas de asedio que foron utilizadas nas guerras e conflitos da Idade Media.
As primeiras catapultas empregábanse a distancias longas, o que facía moi difícil a súa construción e posterior uso. Isto obrigou aos creadores e enxeñeiros a traballar na súa forma, peso, tamaño, deseño e mobilidade, pois eran armas necesarias nos grandes combates. Desta forma logrouse obter unha catapulta máis liviá, máis fácil de manexar e trasladar, facéndose partícipes das batallas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catapulta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catapulta ![]() |