Saint-Genis-Pouilly
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Francia | |||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | |||
| Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | |||
| Departamento | Ain | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 14.432 (2023) | |||
| Xeografía | ||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q3551018 | |||
| Superficie | 9,77 km² | |||
| Altitude | 419 m-502 m-453 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Datos históricos | ||||
| Precedido por | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Hubert Bertrand (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 01630 | |||
| Sitio web | saint-genis-pouilly.fr | |||
Saint-Genis-Pouilly (coñecida localmente como Saint-Genis) é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes, lindeira con Toiry, Prévessin-Moëns e o cantón de Xenebra (Suíza).
A súa proximidade coa fronteira suíza (e coa propia Xenebra, uns 9 km), e que parte do CERN estea situado en solo de Saint-Genis-Pouilly e áreas lindeiras, fai que sexa un lugar no que comunmente habitan persoas que traballan ó outro lado da fronteira, moitos deles no CERN ou nas Nacións Unidas (Sede de Xenebra).
Por este motivo, pola falta de oferta de vivenda de Xenebra e os seus elevados prezos, e trala adhesión de Suíza ó Acordo de Schengen, Saint-Genis sufriu un espectacular crecemento durante a década do 2000, sendo unha vila en constante expansión e incremento do prezo da vivenda.
Antes da decisión por referendo de pechar as fronteiras por parte de Suíza, o servizo de Transportes Públicos de Xenebra (TPG) e a administración de Saint-Genis acordaran prolongar a liña de tranvía de Xenebra, que conectaría a vila francesa coa cidade suíza. Trala decisión de pechar as fronteiras, ese acordo quedou suspendido e probablemente o proxecto sexa cancelado antes de comezar.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
