Agatías de Mírina
Nome orixinal | (grc) Άγαθίας σχολαστικός |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 536 Myrina, Grecia (en) |
Morte | 579 ↔ 582 (1487/1488 anos) Constantinopla, Turquía |
Actividade | |
Ocupación | historiador, poeta, epigramatista, avogado, escritor |
Período de tempo | Imperio Bizantino |
Período de actividade | (Con vida en: século VI ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Agatías Escolástico (en grego bizantino: Ἀγαθίας Σχολαστικός, en latín: Agathias Scholasticus, nado en Mírina cara ao 536 e finado en Constantinopla cara ao 582, foi un poeta e historiador bizantino, fonte principal para parte do reinado de Xustiniano I (527-565).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha cidade eolia da Asia Menor occidental. Estudou dereito en Alexandría, para volver despois a Constantinopla no 554 para rematar a súa instrución e practicar como avogado (scholasticus) nos tribunais. Malia isto a súa ambición era a literatura.
Escribiu un gran número de poemas breves de amor en metro épico, titulados Δαφνιακά Daphniaca, e algunhas notas marxinais ao da Periéxese de Pausanias. Ocupouse da reedición da Antoloxía Palatina, na que se conteñen un cento dos seus epigramas, e recolleu unha antoloxía de poetas anteriores e contemporáneos, entre eles os seus, co nome de Κύκλος τῶν νέων ἐπιγραμμάτων Ciclo de novos epigramas.
Tras a morte de Xustiniano I en 565, algúns dos amigos de Agatías convencérono para escribir unha historia dos seus tempos. Esta obra en cinco libros, Περί τῆς Ἰουστινιανοῦ βασιλείας Sobre o reinado de Xustiniano, continúa a historia de Procopio de Cesarea, do que imita o estilo, e constitúe a principal fonte para o período 552-558. Os argumentos centrais da obra son as guerras nas que combateu o exército bizantino, ás ordes de Narsés, contra godos, vándalos, francos e sasánidas. Agatías é a única fonte[1] que fala do peche da Academia neoplatónica de Atenas, ordenada por Xustiniano en 529, feito que a miúdo se usa como fin da Antigüidade. Os estudosos dispersos levaron con eles cantos volumes da biblioteca puideron e dirixíronse á capital sasánida de Ctesifonte, para despois volveren, tras un tratado que garantía a súa seguridade e que é un dos fitos da historia da liberdade de pensamento, a Edesa, onde un século máis tarde as forzas do islam se atoparon coa cultura grega.
A súa obra constitúe tamén unha fonte importante sobre a historia do Irán preislámico, servindo de base para o Shahnameh de Ferdowsi e para a Historia de Tabari.
Edicións da súa obra
[editar | editar a fonte]- Bonaventura Vulcanius (1594).
- Barthold G. Niebuhr, Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae, Bonn, 1828.
- Jacques Paul Migne, Patrologia Graeca, vol. 88, París, 1860, col. 1248-1608 (baseado na edición de Niebuhr).
- Dindorf, Historici Graeci Minores, vol. II, Leipzig, (1871), pp. 132–453.
- Rudolf Keydell, Agathiae Myrinaei Historiarum libri quinque in Corpus Fontium Historiae Byzantinae, vol. 2, Series Berolinensis, Walter de Gruyter, 1967.
- Salvatore Costanza, Agathiae Myrinaei Historiarum libri quinque, Università degli Studi, Messina, 1969.
- Joseph D. Frendo, Agathias: The Histories in Corpus Fontium Historiae Byzantinae (traduzione con introduzione e breve testo esplicativo), vol. 2A, Series Berolinensis, Walter de Gruyter, 1975.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ II.31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Averil Cameron, "Agathias on the Sasanians" in Dumbarton Oaks Papers, 23 (1969) pp 67–183.
- Averil Cameron, Agathias Oxford: Clarendon Press, 1970. ISBN 0-19-814352-4.
- Anthony Kaldellis, "Things are not what they are: Agathias Mythistoricus and the last laugh of Classical " in Classical Quarterly, 53 (2003) pp 295–300.
- Kaldellis, "The Historical and Religious Views of Agathias: A Reinterpretation," in Byzantion. Revue internationale des etudes byzantines, 69 (1999) pp 206–252.
- Kaldellis, "Agathias on history and poetry," in Greek, Roman and Byzantine Studies, 38 (1997), pp 295–306
- W. S. Teuffel, "Agathias von Myrine", Philologus (1846)
- K. Krumbacher, Geschichte der byzantinischen Litteratur (2ª ed. 1897).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Encyclopædia Britannica 1911: Agathias. (en inglés)
- Agatías na Catholic Encyclopedia (en inglés)
- Agatías sui Persiani: brani dalle Storie (en inglés)
- Gerald Bechtle, Bryn Mawr Classical Review of Rainer Thiel, Simplikios und das Ende der neuplatonischen Schule in Athen, Stuttgart, 1999 (en inglés)
- "Encyclopedia of Past Events"
- O ciclo dos novos epigramas na Bibliotheca Augustana.