Romaría dos Caneiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Barcas preto do campo dos Caneiros.

A romaría dos Caneiros é un evento festivo que se celebra na vila coruñesa de Betanzos no mes de agosto, como parte do programa das festas de San Roque. Os días 18 e 25 de agosto, os betanceiros diríxense ao Campo dos Caneiros de forma moi diversa para pasar un día de festa.

Historia[editar | editar a fonte]

Existen noticias da celebración desta festa na prensa diaria do século XIX, como na Revista Gallega da Coruña, dirixida por Galo Salinas. Nas súas orixes, os betanceiros, despois dos tres días grandes das festas de San Roque, e despois elevar o globo de papel seda, acudían en barco a un campo situado nas marxes do río Mandeo para pasar unha tarde de merenda ao son das gaitas.

Hoxe en día, a festa converteuse nunha troula sen fin á que acoden xentes de toda a comarca, e de Galiza en xeral, para desfrutar da música, do baile e do viño.

Para desprazarse ao campo dos caneiros utilízanse diversos medios: camiñando, no automóbil ou nas tradicionais barcas engalanadas para a ocasión. A festa remata cun espectáculo pirotécnico.

No cine[editar | editar a fonte]

O filme de Ramón Torrado Sabela de Cambados (1949) inclúe varias escenas da romaría. En concreto, cando un dos protagonistas, Eduardo Armental (Jorge Mistral) engana á súa muller Tonucha (María Fernanda Ladrón de Guevara) e vai aos Caneiros coa súa amante Mercedes (Carolina Giménez).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

O campo dos Caneiros cheo de xente bailando e bebendo. 
Barca camiño do Campo dos Caneiros. 
Rapaces de festa no campo dos Caneiros.