Masacre da Avenida Roosevelt
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
O masacre da Avenida Roosevelt, do 22 de xaneiro de 1967 (acontecido na Avenida Roosevelt de Managua, Nicaragua), foi un sanguento episodio da historia nicaraguana. Descoñécese o número exacto de mortos, pero calcúlase que houbo entre 1.000 e 1.500 vítimas.
A matanza pode ser comparada con outros masacres que se deron en todo o mundo, tales como o Masacre de Tlatelolco e a Matanza do xoves de Corpus ocorridas na Cidade de México, o 2 de outubro de 1968 e o 10 de xuño de 1971 respectivamente, especialmente coa primeira da que tampouco se sabe o número exacto de mortos. Así mesmo pode ser comparada co Masacre de Tiananmen en Beijing, o 4 de xuño de 1989 na que o Exército Popular de Liberación (EPL) asasinou a varios manifestantes, dos que nunca se saberá cal foi o número exacto de vítimas que faleceron alí.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]En 1966 Fernando Agüero Rocha e Pedro Joaquín Chamorro Cardenal, director do diario La Prensa, fundaron unha coalición de cinco partidos políticos opostos ao somocismo Unión Nacional Opositora (UNO), formada por: Partido Conservador de Nicaragua (PCN), Partido Liberal Independiente (PLI), Partido Social Cristián (PSC), Partido Socialista Nicaragüense (PSN) e o Partido Comunista de Nicaragua (PC de N), para as eleccións presidenciais do 5 de febreiro de 1967 e derrotar ao candidato do Partido Liberal Nacionalista PLN, o Xeneral Anastasio Somoza Debayle (Tacho), Xefe Director da Garda Nacional (GN). O candidato presidencial da UNO era o Doutor Fernando Agüero Rocha, conservador, mentres Pedro Joaquín empregaba La Prensa como medio de propaganda da coalición, pois era o coordinador da UNO.
A manifestación e o masacre do 22 de xaneiro
[editar | editar a fonte]As radios opositoras e La Prensa convocaron unha manifestación na Praza da República en Managua o domingo 22 de xaneiro de 1967.
Ese día efectuouse a gran manifestación da UNO en dita praza; cerca das 5 da tarde alguén dixo que "botarían do poder aos Somoza para marchar cara a Casa Presidencial da Loma de Tiscapa pola Avenida Roosevelt". Dita Avenida chámase así na honra do Presidente de Estados Unidos Franklin D. Roosevelt dende 1945 e a protesta era contra o Presidente de Nicaragua Lorenzo Guerrero Gutiérrez (o 3 de agosto do ano anterior falecera por un infarto cardíaco o seu predecesor René Schick Gutiérrez) e o Xeneral Somoza. Na esquina do edificio do Banco Nacional de Nicaragua (BNN) (hoxe é a Asemblea Nacional de Nicaragua) detivéronse ante un pelotón de soldados da GN; o tenente Sixto Pineda Castellón subiuse encima dun camión dos bombeiros do Aeroporto Internacional Las Mercedes (actual Aeroporto Internacional de Managua), para preparar as mangueiras e usalas lanzando chorros de auga contra a multitude, cando soou un disparo, disparado por un francotirador da UNO, que o matou, desatándose unha choiva de balas contra a xente. Os gardas abriron fogo cos seus fusís semiautomáticos M1 Garand calibre 7,62 x 63 milímetros e fixeron un masacre, primeiro desde a mencionada avenida e despois parapetándose detrás do edificio do Banco Central de Nicaragua (BCN). Houbo entre 1000 e 1500 mortos, os dirixentes da UNO refuxiáronse no Gran Hotel (actual Centro Cultural Managua) situado a dúas cuadras ao norte de onde eles estaban antes, polo que unha tanqueta Sherman (mandada polo Xeneral Iván Allegret) canoneou a ese edificio abrindo buratos nas súas paredes. Evitouse a entrada dos membros da GN pola mediación da Embaixada dos Estados Unidos, ao día seguinte, 23 de xaneiro, Pedro Joaquín foi detido. Tamén estiveron detidos Herty Lewites (futuro alcalde de Managua de 2001-2005 pola Fronte Sandinista de Liberación Nacional, FSLN, e posterior precandidato polo Movemento Renovador Sandinista MRS), Edén Pastora Gómez (capturado ese mesmo día ao chegar a Managua dende Matagalpa, supostamente a traer armas), Carlos Guadamuz Portillo (quen sería asasinado 37 anos despois o 10 de febreiro de 2004 por criticar ao FSLN do cal se separou en 1999), Samuel Santos López (futuro alcalde de Managua nos anos 80 e actual Chanceler desde o 2007), os irmáns Sergio e Danilo Aguirre Solís e outros 23 líderes da UNO. Foron detidos e presos no cárcere "El Hormiguero".