Gregorio Ferro
Gregorio Ferro | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1742 |
Lugar de nacemento | Lamas |
Falecemento | 23 de xaneiro de 1812 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Ocupación | pintor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gregorio Ferro Requeixo, nado en Lamas (Boqueixón) o 24 de decembro de 1742 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1812, foi un pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai.
Trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou como servinte, ou "rapaz de sancristía", no mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura.
Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a Madrid con quince anos, e entrou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando da man de Anton Raphael Mengs.
Despois marchou a Roma a completar a súa formación e alí gañou varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en 1781 Académico de San Fernando grazas a un cadro do Martirio de San Sebastián.
En 1788 foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de Francisco Bayeu, para pasar a ser o seu Director de Pintura en 1791 logo da renuncia de Francisco de Goya. En outubro de 1804 a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei Carlos IV o 4 de novembro. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.
Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en Madrid e Aranjuez, incluíndo varios frescos no Palacio Real e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais doutras obras menores na zona de Murcia, provincia de Cuenca e Galicia sobre todo.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gregorio Ferro ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- José Luis Morales y Marín, «El pintor Gregorio Ferro (1742-1812), Director General de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Noticias documentales sobre la última etapa.» Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Boletín de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Primeiro semestre de 1997. Número 84. en liña na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Bibliografía sobre Gregorio Ferro Requeixo en pintoresgallegos.com (en castelán).