Antonio Dorado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Antonio Dorado Fidalgo")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Dorado Fidalgo
Antonio Dorado Fidalgo. Alcalde de Verea entre 1979 e 1987.jpg
Nacementoxullo de 1929
 Outeiro
Falecemento22 de xaneiro de 2021
 Ourense
NacionalidadeEspaña
OcupaciónMestre, comerciante, labrego e político
editar datos en Wikidata ]

Antonio Dorado Fidalgo, nado en 1929 en Outeiro (Sanguñedo, Verea) e finado en Ourense o 22 de xaneiro de 2021, foi un mestre, comerciante, labrego e político galego independente, alcalde de Verea dende 1979 ata 1987. Foi o primeiro alcalde do período democrático tras a transición democrática.

Traxectoria vital[editar | editar a fonte]

Residiu a meirande parte da súa vida no lugar de Sanguñedo da parroquia homónima. Estudou o bacharelato en Celanova e aprobou o exame en Ourense. Despois dos seus estudos, faría o servizo militar na Coruña, como Sarxento no Exército de Terra de España. Ao rematar o servizo volveu a súa aldea natal onde exerceu de mestre por setecentas pesetas ao mes. Casou con vinteséis anos na parroquía de Rairiz de Veiga. Posteriormente emigrou só a Venezuela para exercer de mestre nos Salesianos durante tres anos, grazas a isto comezou a enviar diñeiro a Galicia para a súa muller e máis a súa nai. Co aforrado durante este período alugou un posto no mercado de Valencia, reconverténdose en comerciante, actividade a que se adicaría durante catro anos. Antonio volvería a España tras sete anos na emigración, fixóo polo porto de Vigo onde o esperaría a súa muller Mercedes e o seu fillo maior Jose Antonio. Cando chegou a súa terra investiu o gañado en abrir un ultramarinos e máis un bar[1] coa súa muller en Sanguñedo. Negocio que sería rexentado por ambos ata a súa xubilación.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Concelleiro en Verea, en 1979 encabezou a lista independente durante as eleccións municipais e foi elixido alcalde con maioría de sete concelleiros[2]. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou de novo a candidatura independente e repetiría á alcaldía de Verea, de novo con sete concelleiros[3]. Foi sucedido en 1987 por Manuel Nieto Rivero do PSdeG-PSOE tras non ser capaz de acadar a maioría absoluta por un só voto ao presentarse pola lista de Coalición Galega, unha diferenza que foi decisiva para deixalo sen o concelleiro necesario. Os pactos entre as restantes forzas políticas nomearon o seu sucesor, a pesar de que obtivera soamente dous concelleiros.[4] Posteriormente uniuse á formación Centristas de Galicia de Vitorino Núñez. En canto colleu o bastón de mando a súa primeira medida foi a loita contra a pobreza no Concello. Empregaba diñeiro do concello para axudar aos máis necesitados e que poideran arranxar os papeis das axudas de beneficencia. A súa obra principal como alcalde foi o asfaltado dos camiños máis transitados, converténdoos en estradas, en tempos en que era a propia veciñanza a que facían o traballo co material facilitado polo Concello. Tamén se abriron moitos camiños de monte. fomentou a práctica do fútbol, preparando campos nalgunhas aldeas e que, aínda que hoxe caeron no abandono, no pasado eran un lugar de lecer e reunión para a mocidade local.[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Predecesor:
descoñecido
 Escudo de Verea.svg
Alcalde de Verea
 
1979 - 1987
Sucesor:
Manuel Nieto Rivero

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Región, La (2021-01-24). "Verea despide a Antonio Dorado, el primer alcalde de la democracia". La Región (en castelán). Consultado o 2021-01-24. 
  2. "Resultados Elecciones Municipales 1979 | datoselecciones.com". www.datoselecciones.com. Consultado o 2021-01-24. 
  3. "Elecciones Municipales 1983 | datoselecciones.com". www.datoselecciones.com. Consultado o 2021-01-24. 
  4. "Resultados Elecciones Municipales 1987 | datoselecciones.com". www.datoselecciones.com. Consultado o 2021-01-24. 
  5. "Adiós al primer regidor de la democracia en Verea". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-01-24. Consultado o 2021-01-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]