Saltar ao contido

María Moliner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Moliner

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Juana Moliner Ruiz Editar o valor en Wikidata
30 de marzo de 1900 Editar o valor en Wikidata
Paniza, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza
Institución Libre de Enseñanza
Instituto Cardenal Cisneros Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafa, lingüista, arquiveira Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBiblioteca de la Universidad Politécnica de Madrid - Biblioteca de ETSI Industriales (en) Traducir
Instituto Cardenal Cisneros Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFernando Ramón Ferrando Editar o valor en Wikidata
NaiMatilde Ruiz Lanaja Editar o valor en Wikidata
IrmánsMatilde Moliner Ruiz
Enrique Moliner Ruiz Editar o valor en Wikidata

Sitio webmariamoliner.com Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 203750 BNE: XX880927 Dialnet: 348951


María Moliner, nada en Paniza (provincia de Zaragoza) o 30 de marzo de 1900 e finada en Madrid o 22 de xaneiro de 1981, foi unha bibliotecónoma e lexicógrafa española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla dun médico rural. Licenciouse en Historia en 1921 (Facultade de Filosofía e Letras, Universidade de Zaragoza). Traballou como funcionaria do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos[1] entre 1922 e 1970. Casou co catedrático de Física Fernando Ramón e Ferrando en 1925,[2] tivo 4 fillos. A súa candidatura á Real Academia Española en 1972 foi rexeitada por académicos como Camilo José Cela.[3][4]

Activa promotora da difusión cultural a través das bibliotecas durante a República, a través das Bibliotecas Populares.[5]

Autora do prestixioso Diccionario de uso del español, unha das principais obras da lexicografía en lingua española, no que traballou dende 1952.[6] A primeira edición desta obra foi publicada en 1966-67 pola editorial Gredos. Aínda que a autora continuou traballando na obra para preparar unha nova edición, a segunda edición non saíu ao mercado ata 1998 (logo da morte de María Moliner) en dous volumes e CD-ROM, así como unha edición abreviada nun tomo.

Comunica respecto diso o seu fillo Fernando Ramón Moliner: a "segunda edición, con tódalas súas alteracións e modificacións, é unha edición apócrifa: a miña nai caeu doente (de alzhéimer), non se decatou de nada e non lle puido dar ningún consentimento consciente".[Cómpre referencia]

No ano 2000 celebrouse o centenario do seu nacemento.[7]

Diccionario de uso del español. Edición de 1990.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional María Moliner na área de humanidades.[8]

Recentemente, o escritor Andrés Neuman publicou unha novela sobre a vida desta ilustre lexicógrafa co título Hasta que empieza a brillar.[9]

  1. "Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España". hemerotecadigital.bne.es. Consultado o 2022-05-29. 
  2. Fuente, Inmaculada de la (2018). El exilio interior : la vida de María Moliner (2a. ed ed.). Madrid: Turner. ISBN 978-84-17141-82-0. OCLC 1066115116. 
  3. "Cela, siempre remiso a dar su apoyo a la entrada de María Moliner en la RAE". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-07-21. Consultado o 2025-07-25. 
  4. Candia, Bibiana (2019-11-25). "María Moliner, nuestra señora de las palabras - Jot Down Cultural Magazine" (en castelán). Consultado o 2021-12-19. 
  5. Cervantes, CVC Centro Virtual. "CVC. María Moliner. A raíz del Centenario. J. Ignacio Bermejo Larrea.". cvc.cervantes.es (en castelán). Consultado o 2022-05-29. 
  6. "María Moliner, la bibliotecaria que escribió un diccionario y se quedó sin palabras". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2022-05-29. 
  7. "2 Centenario del nacimiento de María Moliner". www.mariamoliner.com (en castelán). Consultado o 29/4/2019. 
  8. "La Moncloa. 26/05/2022. El Ministerio de Ciencia e Innovación crea los Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes [Prensa/Actualidad/Ciencia e Innovación]". www.lamoncloa.gob.es. Consultado o 2022-05-29. 
  9. Gracia, Jordi (2025-03-08). "Valor y coraje de María Moliner". El País (en castelán). Consultado o 2025-07-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]