Saltar ao contido

100 % CEF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

100 % CEF
Ficha técnica
Título orixinal100 % CEF
DirectorAser Álvarez
ProdutorAser Álvarez
Elena Ocampo
Alfredo Castromao
GuiónAser Álvarez
IntérpretesLuís Tosar
FotografíaAlfonso V. Cortizo
MontaxeA*sombra Producións
DistribuidoraAsociación Cultural, Ecoloxista, de Montaña e Desenvolvemento Rural Arraianos
A sombra Producións
TVG
Estrea2012
Duración59 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroDocumental

100 % CEF é un documental galego sobre o escritor Celso Emilio Ferreiro, dirixido por Aser Álvarez e estreado en 2012.

Características

[editar | editar a fonte]

O documental levouse a cabo co gallo do centenario do nacemento do autor celanovés.

Conta con máis de 50 entrevistas a familiares, expertos, historiadores, literatos e amigos, como Xesús Alonso Montero, Xosé Neira Vilas, Anxo Angueira, Xosé Luís Méndez Ferrín, Daniel Salgado, Ramón Nicolás, Xosé Benito Reza, Pablo Montero, Benxamín Ferreiro, Isabel e Luís Ferreiro (fillos do escritor), Baldomero Moreiras, Basilio Rodríguez, Adolfo Álvarez-Buylla, José Antonio Fanjul, Xosé Antonio Perozo, Joaquín Marta Sosa, Fernando Salgado, Sabino Torres, César Portela, Ana Acuña, Xosé María Álvarez Cáccamo, Manuel Bragado, Mónica Góñez, Basilio Losada, Chelo Noya, Carlos G. Reigosa, Vicente Araguas, Cynthia Leborne, Mini, Suso de Toro, Francisco Leiro, Manolo Paz e Bann Kalac.

Amais, hai colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musicacións de Antón Reixa, Labregos do tempo dos Sputniks (García e O Leo), Pornoenogastrophones, Porco Dinamita, Xiana Lastra e Mini e Mero, Alfredo Vázquez, Daniel Romero, Nuno Álvarez, Brais Lorenzo, Alfredo González, Javier Riestra Ferriman, Valentín García Gómez e Luís Emilio Batallán e diversas persoas anónimas.

Foi rodado en Celanova, Acevedo do Río, Vigo, Pontevedra, Padrón, Santiago de Compostela, Asturias e Ourense. Inclúe imaxes do propio Celso Emilio e da súa muller, Moraima, amais de Lauro Olmo. O actor Luís Tosar aparece caracterizado como o propio Celso Emilio.

Nos Premios Mestre Mateo 2012 acadou o premio ao Mellor Documental. Gañou tamén o premio de xornalismo José Aurelio Carracedo 2013. No ano 2013 foi seleccionado para participar no Festival Internacional de Cine Documental de Romanía, na sección de Arte[1].

  1. "O documental «100% CEF» é seleccionado nun festival de cine en Romanía", artigo de Jesús Manuel García en La Voz de Galicia, 6 de agosto de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]