Saltar ao contido

O Leo i Arremecághona!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Leo i Arremecághona!!!
OrixeMatamá (Vigo), Galicia Galicia
Período1997-
Xénero(s)Punk
Selo(s) discográfico(s)A Regueifa Plataforma
MembrosLeonardo Fernández Campos
Na rede
https://arremecaghona.bandcamp.com/
MySpace: arremecaghona Bandcamp: arremecaghona Last fm: O+Leo+i+Arremecághona!!! Discogs: 4247352 Editar o valor en Wikidata

O Leo i Arremecághona!!! é o nome do proxecto musical como cantautor punk de Leonardo Fernández Campos, O Leo de Matamá, nado en Matamá en 1974, un artista polifacético, filólogo e poeta.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Entrevista en Nós Televisión

A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuídas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.

O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta de Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para interpretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.

No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon "Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).

No 2009 colaborou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras", celebrado o Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]