José Manuel Albares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Manuel Albares

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Manuel Albares Bueno Editar o valor em Wikidata
22 de marzo de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Minister for Foreign Affairs, European Union and Cooperation (en) Traducir
12 de xullo de 2021 –
← Arancha González Laya
Embaixador de España en Francia
5 de febreiro de 2020 – 12 de xullo de 2021
← Fernando Carderera Soler (en) TraducirVictorio Redondo Baldrich (en) Traducir →
Secretary General for Foreign Affairs (en) Traducir
21 de xuño de 2018 – 29 de xaneiro de 2020 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto
Diplomatic School of Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHélène Davo

Twitter: jmalbares Dialnet: 1985526 Editar o valor em Wikidata

José Manuel Albares Bueno, nado en Madrid en 1972, é un diplomático español que o 12 de xullo de 2021 foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España, do segundo goberno de Pedro Sánchez, na XIV lexislatura.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e carreira profesional[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia humilde de Usera, en Madrid.[2][3] Con catorce anos, conseguiu unha bolsa para facer o bacharelato nun centro de elite preto de Boston. Tras un ano no colexio americano de Tánxer, volveu a Boston onde se graduou como primeiro da súa promoción.[3]

Ao volver a España, licenciouse en Dereito na Universidade de Deusto con diploma de especialidade xurídico-económica.[3][4] Ten un diploma do XXXIII Curso de Defensa Nacional do CESEDEN e ten unha diplomatura en xestión cultural no exterior pola Universidade Carlos III en colaboración coa Escuela Diplomática.[5]

É diplomático de carreira e foi Cónsul en Bogotá, e conselleiro da Representación Permanente de España perante a OCDE.[4]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Milita no PSOE dende 1999.[5]

Asesor en materia de relacións internacionais de Pedro Sánchez durante a primeira etapa deste como líder do Partido Socialista Obreiro Español, Sánchez nomeouno conselleiro dentro Gabinete da Presidencia do Goberno, trala súa chegada á Presidencia do Goberno en xuño de 2018, no cargo de secretario xeral de Asuntos Internacionais, Unión Europea, G20 e Seguridade Global, con rango de subsecretario.[6] Albares, que abandonou o seu posto como conselleiro cultural na embaixada española en París ao asumir o cargo, tomou posesión o 21 de xuño.[7]

Posteriormente, foi nomeado embaixador do Reino de España ante República francesa en febreiro de 2020 e ante o Principado de Mónaco en maio de 2020.[8][9]

Ministro de Asuntos Exteriores[editar | editar a fonte]

O 10 de xullo de 2021 foi proposto polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para substituír a Arancha González Laya como ministro de Asuntos Exteriores de España, tomando posesión do cargo ante o rei Filipe VI o 12 de xullo de 2021.[10][11]

Durante os seus primeiros días á fronte do Departamento de Exteriores, conseguiu rebaixar as tensións con Marrocos e recompor as relacións despois de que España permitise, por razóns humanitarias, que o líder saharauí, Brahim Gali, fose tratado nun hospital de Logroño.[12] Proba diso foron as declaracións do rei de Marrocos, Mohamed VI quen asegurou, en agosto de 2021, que quería «inaugurar unha etapa inédita» nas relacións entre os dous países.[13]

Compareceu por primeira vez na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados o 30 de agosto de 2021, para dar conta das súas primeiras decisións á fronte do Departamento, as liñas xerais que vai desenvolver e a crise de Afganistán. Na súa comparecencia, revelou que o 15 de xullo de 2021 o seu Departamento, a través da Embaixada en Afganistán, alertou e recomendou á colonia española en devandito país para que o abandonase, o que permitiu que, cando estalou a crise afgá, soamente quedasen, ademais do persoal diplomático e de seguridade, cinco nacionais.[14] Tamén anunciou que o Goberno non tiña intención de recoñecer ao novo goberno talibán e que seguirían sacando xente de Afganistán por outros medios.[14]

En canto a política xeral, reclamou á oposición que tratase á política exterior como unha «política de Estado» e respecto da reestruturación que levou a cabo no Ministerio nada máis tomar posesión do cargo, afirmou que un dos seus obxectivos era potenciar a política sobre o norte de África, o Sahel e Iberoamérica, destacando sobre esta última que considera «a todos os países de Iberoamérica igualmente importantes, independentemente do seu tamaño ou peso económico».[15]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado con Hélène Davó, quen entre 2012 e 2016 foi a xuíza de enlace en materia terrorista entre España e Francia, labor polo que foi condecorada polo ministro español do Partido Popular, Rafael Catalá.[4][16] Teñen catro fillos.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castro, Andrés Gil, Irene (2021-07-10). "Albares, el 'sherpa' de Pedro Sánchez que corona la cima de Exteriores". eldiario.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  2. Iglesias, Leyre; Suanzes, Pablo R. (4 de decembro de 2018). "Los tres hombres del presidente que renegociaron Gibraltar en 41 horas". elmundo.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Mármol, Iolanda (27 de xaneiro de 2019). "José Manuel Albares, el 'sherpa' que brilla a la sombra de Pedro Sánchez". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Fernández, Victoria (25 de xuño de 2018). "El hombre que susurra a Pedro Sánchez en asuntos europeos". elespanol.com (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Europa Press (10 de xullo de 2021). "José Manuel Albares, próximo a Sánchez, sustituye a Laya en Exteriores tras su desgaste por la crisis de Marruecos". heraldo.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  6. Redacción (14 de xuño de 2018). "Pedro Sánchez ficha al diplomático José Manuel Albares como consejero de Asuntos Internacionales". europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  7. "Tomas de posesión de altos cargos de Presidencia del Gobierno". lamoncloa.gob.es (en castelán). 21 de xuño de 2018. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  8. "BOE.es - BOE-A-2020-1677 Real Decreto 254/2020, de 4 de febrero, por el que se designa Embajador de España en la República Francesa a don José Manuel Albares Bueno.". boe.es (en castelán). 5 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  9. "BOE.es - BOE-A-2020-4972 Real Decreto 517/2020, de 12 de mayo, por el que se designa Embajador de España en el Principado de Mónaco a don José Manuel Albares Bueno.". boe.es (en castelán). 13 de maio de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  10. Redacción (12 de xullo de 2021). "La remodelación del Gobierno de Sánchez se hace efectiva tras la toma de posesión ante el Rey". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  11. "Real Decreto 140/2020, de 28 de enero, por el que se dispone el cese de don José Manuel Albares Bueno como Secretario General de Asuntos Internacionales, Unión Europea, G20 y Seguridad Global.". boe.es (en castelán). 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  12. Sobero, Yolanda (20 de maio de 2021). "¿Quién es Brahim Gali y por qué está en el centro de la crisis migratoria de Ceuta?". rtve.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  13. González, Ricard (20 de agosto de 2021). "El rey de Marruecos expresa su deseo de abrir una nueva etapa “inédita” en la relación con España". elpais.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2021. Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  14. 14,0 14,1 Calero, Angie (30 de agosto de 2021). "José Manuel Albares: «España se ha convertido en sinónimo de esperanza para cientos de afganos»". abc.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  15. Redacción (30 de agosto de 2021). "Albares reclama a la oposición que la política exterior sea "política de Estado"". europapress.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 
  16. Cruz Lapeña, Silvia (17 de xaneiro de 2020). "HÉLÈNE DAVO, LA MUJER DEL NUEVO EMBAJADOR ESPAÑOL EN PARÍS QUE ASESORA A MACRON SOBRE TERRORISMO". revistavanityfair.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]