Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, tamén coñecido ao longo da súa historia como Ministerio de Administracións Públicas, de Política Territorial ou de Administración Territorial, é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado de España encargado da preparación e execución da política do Goberno en materia de política territorial e de relacións e cooperación coas Comunidades Autónomas e coas entidades que integran a Administración Local, así como da xestión dos pagamentos e das contas básicas do estado.

Correspóndelle tamén a este ministerio a promoción das relacións institucionais da Administración Periférica do Estado coas comunidades autónomas e cidades con Estatuto de Autonomía, así como a preparación e seguimento da Conferencia de Presidentes. Naceu como fusión dos departamentos de Política Territorial e Administracións Públicas, dunha banda, e de Facenda doutra, que anteriormente formara parte do ministerio de Economía.

Na actualidade, e dende a súa creación como entidade única baixo ese nome, ocupa o cargo de ministro Cristóbal Montoro, do PP.

Palacio de Villamejor (Madrid), sede principal do Ministerio de Política Territorial.

Estrutura orgánica (xaneiro de 2012)[editar | editar a fonte]

Órganos superiores[editar | editar a fonte]

Os órganos superiores e directivos dos que dispón o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España, dependentes directamente do ministro son[1]:

  • Secretaría de Estado de Facenda
  • Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos
  • Secretaría de Estado de Administracións Públicas
  • Subsecretaría de Facenda e Administracións Públicas

Estrutura orgánica básica[editar | editar a fonte]

A estrutura orgánica básica[2] é:

Ministro de Facenda e Administracións Públicas de España: Cristóbal Montoro.

Lista cronolóxica dos Ministros de Política Territorial de España[editar | editar a fonte]

Ministros de Administración Territorial[editar | editar a fonte]

Ministros para as Administracións Públicas[editar | editar a fonte]

Ministros de Administracións Públicas[editar | editar a fonte]

Ministro de Política Territorial[editar | editar a fonte]

Ministros de Facenda e Administracións Públicas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).
  2. Boletín Oficial do Estado. 30 de decembro de 2011: Real Decreto 1887/2011, de 30 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais. (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]