José Miñones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Miñones Bernárdez, coñecido como Pepe Miñones, nado en Corcubión o 1 de maio de 1900 e finado na Coruña o 2 de decembro de 1936, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Miñones Barros. Estudou Dereito na Universidade de Madrid e rematou a carreira na USC. Creo o Partido Socialista Agrario en Corcubión. Loitou polo ferrocarril, a redención de foros, o agrarismo e a educación. Fundou en Corcubión a revista Nerio (1920), na Coruña o semanario Región Gallega (1924) e Finis Terre, e foi propietario do xornal La Provincia de Úbeda (1928)[1]. Foi promotor e principal accionista da Electra Popular Coruñesa e de Hidroeléctrica La Loma. Militante do Partido Republicano Radical, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1933. Seguidor de Martínez Barrio, pasou con el ao Partido Radical Demócrata e despois a Unión Republicana. Volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1936 nas candidaturas do Fronte Popular, pola mesma circunscrición.

Ao iniciarse a sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido polos sublevados na Coruña, encarcerado, condenado a morte e ao pago dunha multa dun millón de pesetas. Foi fusilado no Campo da Rata o 2 de decembro de 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]