Adiviñación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A adiviñación[1] é o resultado de prover información por interpretación de sinais ou pola revelación dun ser sobrenatural. Non se debe confundir coa videncia: a adiviñación ten lugar nun contexto relixioso e ten un carácter formal e ritual.

A adiviñación está considerada pola comunidade científica como unha superstición mentres os seus partidarios afirman a existencia de centos de evidencias da súa eficacia. Segundo os estudos antropolóxicos a adiviñación estivo e está presente na maioría das relixións e culturas da Terra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para adiviñación.