Castelo-Pazo dos Marqueses de Vilafranca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo-Pazo dos Marqueses de Vilafranca
Ben de Interese Cultural (BIC)
Coordenadas42°36′15″N 6°48′36″O / 42.60405556, -6.81002778Coordenadas: 42°36′15″N 6°48′36″O / 42.60405556, -6.81002778
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O castelo dos Marqueses de Villafranca é unha construción civil situada no concello de Vilafranca do Bierzo, na bisbarra do Bierzo (provincia de León). Foi declarado Ben de Interese Cultural o 22 de abril de 1949.

Historia[editar | editar a fonte]

O Castelo levántase sobre outro castelo construído anteriormente, coñecido co nome de "Forza". Este castelo foi atacado e destruído en 1507 polo fillo ilexítimo de Pedro Álvarez Osorio, primeiro conde de Lemos[1]

Tedes comezado a labrar unha fortaleza na vila de Vilafranca nun sitio antigo en que adoitaba ter certo xeito de forza.
Fragmento de antigos cartapacios, ano 1515

En 1515, a raíña Xoana I concedeu o permiso de reconstrución a Pedro Álvarez de Toledo e Zúñiga, esposo de María Osorio e Pimentel, II marquesa de Vilafranca do Bierzo. Este reconstruíu o castelo para ser utilizado como lugar de residencia para o Marquesado de Vilafranca.

En 1809, durante a Guerra da Independencia, foi desmantelado e saqueado, durante a marcha das tropas inglesas cara á cidade de Lugo. En 1815 e 1819, foi de novo saqueado e incendiado por parte das tropas francesas.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Ten planta cuadrangular con catro torres grandes circulares nas esquinas, divididas en tres pisos de madeira. A torre da homenaxe destaca pola súa elegancia e admirable situación. É de planta circular e está coroada por un tellado de lousa que é típico desta zona. Foi realizada en boa cachotaría.

A súa porta principal encóntrase realizada en ladrillo e enriba o escudo heráldico de Don Fadrique Toledo e Osorio, III Marqués de Villafranca del Bierzo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Conde de Lemos"Título de nobreza Española. Nun principio non hereditario. O Condado de Lemos como título autónomo, hereditario e perpetuo comezou en 1456 con Pedro Álvarez Osorio. Véxase tamén: Condado de Lemos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Castillos de España (volumen II). VV.AA., Editorial Everest, S.A., León, 1997, (Pxs. 1.023-1.026).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]