Ugia Pedreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ugia Pedreira en concerto, decembro 2007

Maria Eugénia Pedreira Sanches, máis coñecida como Ugia Pedreira, nada en Foz, é unha cantante galega. O seu repertorio abarca folk, ska, electrónica, latina, ou boleros.

Índice

Traxectoria [editar]

Comezou sendo coñecida na música galega polos tres discos editados co seu anterior grupo de folk, Chouteira, e polas súas constantes colaboracións e heteroxeneas creacións. Desde os anos 90 ven tendo presenza constante na música rock galega da man de tres grandes bandas: Xenreira, Nen@s da Revolta, a Matraca Perversa, e actualmente volveu aparcer co novo proxecto de Marcos Payno, Galegoz.

Creou no ano 2000 o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, e, desde aquela dirixe este centro referencia do folk en Galiza xunto á asociación paralela do CMTF que realiza encontros internacionais entre creadores, intercambios, intensivos, e monográficos. No ano 2008, o CMTF de Lalín transformouse en aCentral Folque, no Centro Galego de Música Popular e instalaronsen en Santiago de Compostela. Actualmente, aCentral Folque tanto como asociación e empresa está formada por 22 traballadores da cultura musical galega.

Neste centro naceron proxectos como Nordestinas, Marful, Ecléctica Ensemble e máis recentemente un dúo musical con Óscar Fernández (os Cempés, BOnovo). Zanfona electroacústica e voz, romances tradicionais e composicións actuais. Dous novos trovadores acuario que se entenden.

Actualmente está preparando o novo disco de Marful que sairá en septembro do 2010 . Neste vrao 10, dará a luz a súa primeira obra asinada en solitario: un libro-cd de poemas e cancións Noente Paradise (Através Editora, 2010) e antes de que remate o ano gravará un disco con cantautor brasileiro Fred Martins que será editado na Peninsula e en Brasil.

Colaboracións [editar]

Ugia Pedreira creou un programa na Radio Galega chamado Tres peixes voando sobre música de autor de todo o mundo en calquera xénero, xunto con Xabier Díaz e Guillermo Fernández (de Berroguetto). Eles tres tocaron en xuño do 2007 por vez primeira no Gran Teatro da Habana na Sala Lecuona e presentaron a música galega aos medios de comunicación da illa como parte do Departamento de Internacionalización da Música que tiña o goberno bipartito. Abandounou o programa e a sección musical chamada "Folla de Ruta" na Radio galega no 2009 ao mesmo tempo que Xurxo Souto.

Outros datos [editar]

  • Compuxo a música para a exposición Narracións do escultor galego Caxigueiro. Tamén a música para a curtametraxe de Alex Sampayo Bobo Furcia.
  • En 1995 fixo a canción orixinal e espazo sonoro para a primeira obra de danza contemporánea galega Laradas da Compañía Doble Xiro.
  • Compuxo o espazo sonoro das obras teatrais o Canto do Dime-dime, O Tío Vania da Compañía Factoría Teatro (coa que foi nominada para o Premio María Casares á mellor música orixinal no 2006.
  • Creou a música para a exposición Xógaras do xoieiro lugués Miguel Caamaño
  • Xunto a P. Pascual compuxo a música para a obra Os homes só contan até tres de Antón Lopo, Premio Álvaro Cunqueiro de teatro, e nominada para o María Casares.
  • Cristina Domínguez (actualmente directora do Centro Dramático Galego) ten dirixido actoralmente a Ugia no musical O Señor BOm-bom coa música do seu proxecto mais personal: Marful.
  • En abril de 2005 estreou a música do trío Nordestin@s, sobre cancións mariñeiras do Norte da Galiza con Guadi Galego (Berrogueto) e o famoso pianista de jazz Abe Rábade e as súas propias composicións. Este disco recibiu o 1º premio La Opinión de música folk galega no 2007, sendo gravado en directo no Teatro Principal de Compostela en setembro do 2006.
  • Tamén en 2005 coordinou o espectáculo colectivo Ao pé da letra (producido por Nordesia), composto por sete grupos da vangarda musical galega (entre eles o seu, Marful) que teñen como eixo central a palabra chea de contidos, un escaparate dos artistas actuais que abandeiran a canción galega de máxima actualidade apoiado en escena por Jorge Drexler na actuación de Vigo.
  • No nadal do 2006 compartiu escenario na produción Cantos da Maré sobre linguas lusófonas cantando con Dulce Pontes, Uxía, Amelia Muge e Eneida Marcos entre outras. Na actualidade estase editando o disco-dvd sobre este espectáculo en directo realizado no Pazo da Cultura de Pontevedra.
  • O 16 de xuño do 2006 presentou o seu primeiro disco con Marful no ciclo Sons da Diversidade de Compostela diante de 1000 persoas. Marful converteuse nun dos discos de culto da música galega, e cunha discográfica pequena e independente venderon nun ano 5000 copias. O selo é Producciones Efímeras do músico Germán Diaz, co que Marful comparte grande amizade persoal e musical.

O disco de Marful foi considerado por votación popular o mellor Disco do Ano 2006 segundo a Radio Galega. Marful tocou en tódolos teatros importantes e festivais de world music galego con boa acollida por parte do público e da crítica.

  • En setembro de 2007 comezou a compor o espazo sonoro para a obra Regreso ó deserto de Koltès co Centro Dramático Galego.
  • En outubro do 2007 representou a Galiza no Festival Womex en Sevilla.
  • No ano 2007 sae o disco de Ecléctica Ensemble (Dillei) onde canta e compón xunto con Nacho Muñoz (produtor de Mercedes Peón, algún disco de Xosé Manuel Budiño, compositor da Ópera Off) e Ramom Piñeiro (director de Ouvirmos S.L.) e o técnico de son Xurxo Piñeiro (técnico da Sala Nasa de Compostela).

Obra literaria [editar]

Poesía [editar]

  • Noente paradise, 2010, Através Editora.

Obras colectivas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]