Os Cempés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Cempés
Orixe Ferrol, Galicia
Período 1992–presente
Xénero(s) Folk galego
Membros Oscar Fernández
Serxo Ces
Antón Varela
Oscar Painceiras
Cabe García
José Piñeiro
Antigos membros Carlos Zaera
Beto Niebla
Pablo Ces
Tony D'arco

Os cempés foi un grupo musical de folk galego formado en 1992 en Ferrol.

Historia[editar | editar a fonte]

Conoceronse no instituto, Carlos Zaera e Oscar Fernández (gaita e acordeón) como parte melódica e protagonista dun grupo de rapaces que se mergullaban coa música de Os Cruceiros, Milladoiro, Gwendal, Os Estrobos, A Battlefield Band, Stephan Grapelli, Bleizi Ruz, Os Raparigos, Ricardo Portela e todo canto caía nas súas orellas que levara gaita e demais instrumentos acústicos , ¿Graphelli, con gaita?.

O grupo chamábase "Os Panxolos", e xa nesa formación dábanlle especial protagonismo á musicada terra con títulos como "Rumba", "O Bico", "Pasodobre da Cabra", "Pasodobre do Berbés" ou "Ruada de Allariz" sen deixar de engadir tamén sons doutras culturas, especialmente as tan en boga naquela época, as chamadas músicas celtas.

Os panxolos[editar | editar a fonte]

Pepe Muíños (Tin Whistle e Bodhram), Mario Seoane ( Frauta Traveseira e Gaita ), Manel ...? (Guitarra e Mandolina), Carlos e Óscar. Ensaiaban nos recreos e tamén nas horas de clase ( ¿porqué non?). Algúns concertos no instituto animando as manifestacións de turno, nos bares e na única festa na que os contrataron, pero enganáronse de mes e perderon a oportunidade de tocar nun palco de verdade. En fin, acabou o instituto e rompeu a chocolateira, a mili, a Compostela a estudar, as mozas, etc.

Menos mal que por aquela época na prestixiosa agrupación folclórica Terra Meiga había escaseza de gaiteiros, e Carlos seguiu exercitando os seus dedos gaiteiros sempre co baile diante, feito que marcaría o seu estilo e o dos Cempés, no futuro.

O reencontro en 1985 e a gran viaxe 1988[editar | editar a fonte]

Os Panxolos non se volveron a xuntar como grupo de músicos, aínda que si moitas veces como seguidores da música e da barra de calquera bar. Carlos montou varios negocios que non deron o resultado esperado, e Óscar entrou a formar parte do grupo Saraibas, aínda que pouco a pouco volvéronse a ver os dous pelexos.

O soño de Carlos e Óscar era coller a moto, a gaita e o acordeón e tirar millas sen dirección ata que algunha das tres cousas fallara. Neste tempo, Carlos traballaba duro no seu bar do peirao de Ferrol "La Burla Negra" e visitaba, a poucos metros do bar, o taller do incipiente construtor de gaitas Antón Varela “Tonecho”, sempre animando a súa paixón gaiteira. Él foi quen convenceu aos dous pelexos para viaxar a Saint-Chartier, verdadeira meca do acordeón e a gaita, e onde poucos galegos se deixaban ver daquela.

Partiron para aló nunha furgoneta case prestada e corenta mil pesetas para catro, combustible e comida. Non precisaron de máis. E aínda que ameazada a viaxe unha durísima folga de camioneiros franceses, percorreron o Norte da península parando a recoller o que o público da rúa deixaba por oír as súas músicas. Por fin chegaron, e foi un constante triunfo. Non estaba a xente daqueles lares acostumada ás melodías galegas nin a ver aos gaiteiros e acordeonistas arrolando borrachos e tocando a un tempo. E por riba, déronlle o 2º premio de solistas de gaita a Carlos, e o 1º de dúos aos dous... pelexos.

Os cartos dos premios serviron para facer unha gran carallada, chamar á casa, e o máis importante, encher o depósito para a viaxe de volta.

OS primeiros pés[editar | editar a fonte]

Á volta do Saint Chartier houbo unha especie de recoñecemento por parte do público, coma ó que vén das Américas… fóra aprécianos ¿iso quere dicir que fano ben?. Xa antes da viaxe empezárase a buscar o apoio da percusión, e quén mellor que os compañeiros de Carlos en “Terra Meiga”, Beto Niebla ao tamboril (neses tempos enrolado nas filas do grupo Berce), Serxo Ces ca pandeireta (indo e vindo ao mar nos primeiros anos da súa vida mariñeira), e ¿quén ao bombo?: Pablo Ces, que non tiña ocupación daquela: ¡pois adiante!. Estes tres percusionistas non eran calquera cousa: as percusións eran tamén os seus corpos, moitísimas horas de baile e ensaio ás ordes do seu mestre Manuel Garrote, por moitos pobos e vilas da España, Portugal e Galicia. Non houbo compromiso de grupo nos primeiros tempos nin nome para a formación, pero como case sempre pasa, todo foi vindo coma quen non quere a cousa. Presentarse a un concurso implica ter un nome, e como non o tiñan, Beto lembrouse dunha ocasión en que tocando a trío presentaronos como "Cempés" a secas, e non houbo outra explicación ao conto ca esa.

A formación en quinteto obrigou a poñermos de acordo en máis cousas que cando tocabamos dous. Así naceu o concepto de arranxo, e tamén o de ensaio puro e duro, -¿cómo empezamos?, -¿como rematar esta peza?, "-Imos lentos", "-Esta peza é aburrida", etcétera. Moito máis complexo que iso, non.

E máis cousas, ¿onde ensaiamos¿, ¿cando?, ¿cánto imos cobrar?, (Iso se cobramos) as cervexas, indispensables: frías e sempre cheas . Así era, de cada dez ensaios, dez acababan bastante empenecados.

Seguían a ser cinco compañeiros amantes da música e a carallada, aínda que algo estaba pasando arredor deles e sen sabelo. Os que os escoitaban e bailaban con eles fóronlles marcando un estilo e afirmándoos coma grupo con personalidade propia.

Cempes 1992-1995[editar | editar a fonte]

Cempés preséntanse como grupo formal (aínda que de formais non tiñan nada) en Cedeira, nun festival benéfico organizado pola Asociación Robaleira. Logo virían o 5º Festival Cidade Vella de Compostela, onde acadaron 1º Premio do apartado de composición, despois o 15º Festival Irmandiño, o festival Le Primtemps de la Cornamuse ( Salieu-Francia) participando na gravación do seu CD conmemorativo, a XI Festa da Carballeira de Zás, a 6ª edicion do prmio Cidade Vella, o 7º ciclo de Músicas Tradicionales de Jerez, a Esmorga Folc de Bandeira, actuacións en Aranjuez, Potes (Cantabria), sempre acudindo ao medio natural dos Cempés: romaxes, festas populares, pubs... Nestas últimas actuacións viña colaborando como segunda gaita o gaiteiro e artesán Antón Varela, (Tonecho), Carlos botaba de menos o dúo de gaitas que tanto practicara dende os comezos e non atopaba outro gaiteiro co que se axeitara tan ben coma con él.

Foise Carlitos[editar | editar a fonte]

O 17 de marzo de 1995, á volta do concerto de Stephan Grapelli no Pazo de Congresos de Santiago, un dos últimos do incrible violinista, un accidente de tráfico levou a vida do noso amigo Carlos. Foi unha gran proba que tivemos que superar como persoas e como grupo.

Os Cempés[editar | editar a fonte]

A formación invitou por unanimidade a Antón Varela a formar parte do grupo, como a máis lóxica alternativa e non rendéndose á perda de Carlos, afrontaron unha morea de concertos, e seguidamente, a gravación do Primerio C. "¡¡Opa iii!!" (edicións Do Fol, agora Fol Música) dedicado a Carlos Zaera e rexistrado en directo, cunha moi boa aceptación por parte do público. O "Cempés" pasou a ser "Os Cempés" e da man da produtora Nordesía seguiu tomando vilas , festas e festivais sen deixar de preparar o seguinte proxecto, un disco de estudio rexistrado en outubro e novembro do 97, co título "Capitán Re" que foi presentado no teatro Jofre de Ferrol, cheo ata os topes, o 3 de xaneiro do 1998.

Cambios[editar | editar a fonte]

Despois dun ano (1998) repreto de concertos e xiras, Pablo Ces (bombo) e Beto Niebla (Tamboril) abandonan o grupo obrigando aos que permanecen a tomar unha decisión moi importante, ¿substitución ou un novo concepto de percusión? A substitución seméllalles imposible, non son os instrumentos os que se van senón as persoas. Aparece o Jazz.

O Jaz[editar | editar a fonte]

Os tres pés que quedaron... descobren o concepto de Jazz a segunda das tres ocasións en que visitaron Couso, onde cada ano un dos días da festa dedícase a "as nosas músicas" con grande éxito entre os paisanos e os itinerantes dos festivais do verán. "Os diplomáticos do acordeón", mítico grupo de Soutelo de Montes e directamente emparentados co famoso gaiteiro da mesma vila, non daban baixado do palco, e o público tampouco paraba de bailar. A percusión constaba dunha batería sen máis, con caixa, bombo, chaston, dous timbais e dous pratos, que serven para todo, e mais.

Toni do Jaz[editar | editar a fonte]

Toni do Jaz , pioneiro do rock en Ferrol, interesado nos últimos anos pola música tradicional e folk, foi invitado a formar parte do grupo, e logo dalgúns meses preparando o novo proxecto, presentouse nunha foliada organizada polos propios Cempés no cine Avenida, en San Sadurniño, xunto con máis músicos da zona, e case acabaron no soto do local, onde non se parou de tocar e bailar ata moi altas horas da madrugada. A cousa marchaba, aínda que os adeptos ao grupo tardaron un tempo en afacerse aos pratos e á potencia que transmitía o novo pé.

Circo Montecuruto[editar | editar a fonte]

Logo de despexar tódalas dúbidas que aparecen nunha transformación tan importante nun grupo, empezouse a planificar o novo proxecto, novas pezas cun novo son que por veces lembraba ás orquestrinas ou pequenas bandas das películas ambientadas nos anos 20, dicimos das películas, porque o son real non o saberemos nunca, e ao dicir isto, mesturamos moitas cousas: o que se toca e a percepción do que se toca, que no é o mesmo. Caixa, bombo de pé, chaston, pratos, cada vez máis clarinete, saxo, acordeón, eses timbres tan suxerentes tamén tiveran a culpa.

O tema que máis lles chamou a atención foi o que deu lugar á nova aventura, un pasodobre coñecido en Ferrol como "Montecuruto" (anos despois saberían que é unha versión doutro moi popular da Coruña, ou ¿sería ao revés?) que facíanos pensar nun circo, nun circo de carretas, cutre, con moito humor e amor infantil, entrañable, máis con momentos moi dramáticos tamén.

O disco "Circo Montecuruto" (Fol Música) foi gravado e mesturado dende marzo ata agosto de 2000, e nel interviñeron máis de 20 músicos invitados. No deseño e realización do espectáculo que serviu para presentalo en Ferrol o 30 de decembro, participaron outros 17 artistas máis entre iluminadores, técnicos de vídeo, técnicos de son, a marabillosa Rosalía, marionetistas, malabaristas, e ate debuxantes e toda a vila de Cedeira, protagonista absoluta dos últimos 6 minutos do disco no que se reproducen sons en vivo, e no directo imaxes reais da salvaxe carga policial contra a vila de Cedeira o 1 de xuño do 98. ...¡¡¡¡¡Que non volvan!!!!

OS baixos instintos de oscarín[editar | editar a fonte]

Dous meses antes da presentación falaron cun veciño de San Valentín ( Fene) para sumarse á banda co seu baixo eléctrico. Óscar Painceiras aceptou e traballou duro para estar listo para o día 30 de decembro. Xa nunca poderían prescindir das baixas frecuencias.

O Circo Montecuruto en directo transformouse nunha mensaxe de algarabía contundente, que puido ser visto nos seguintes dous anos en Pontevedra, Tromso e Sommaroy (Noruega), Couso, Alacant, Mondariz, Alcobendas, Porto, Cangas, Barcelona, Lalín, Vic, Burela, e moitos mais.....

Mutantes[editar | editar a fonte]

O 31 de outubro do 2002 despediuse este espectáculo nun inesquecible concerto en León co repertorio do circo, unha época máis de Os Cempés e un compañeiro para lembrar sempre, Toni do Jaz, necesario para acometer unha nova remodelación no son do grupo. Estimado público, con todos vós...

¡¡José Piñeiro e Cabe García na Batería e a Guitarra Eléctrica !!

MOE A MOA[editar | editar a fonte]

A moa moe, os Cempés son un bicho mutante, é moi difícil ver en seis meses o mesmo concerto deste grupo, e polo visto, tamén na mesma formación. As rodas de pedra xiran sen descanso no muíño, nas estradas, nas gandeirías, a rocha arrola e bate duro na escola, na costa, no berce, nas fábricas e nas tabernas. A sociedade galega responde con contundencia á incompetencia e á mentira dos gobernantes que tocaron teito tralo desastre do Prestige. Baixo o lema NUNCA MÁIS comezan mobilizacións sen precedentes na historia de Galicia e con elas os concertos, uns benéficos e apazugadores de conciencias, outros reivindicativos e combativos esixindo xustiza, non esmola. Os Cempés aceleran ao máximo a preparación do novo proxecto para participar no primeiro concerto expansivo organizado polo colectivo de artistas Burla Negra o 1 de febreiro tralo afundimento do Prestige, que xuntou mais de 150 concertos en toda Galicia. En Ferrol presentaron a nova formación e o novo repertorio deixando descolocados aos seus veciños e seguidores cunha aposta de fusión natural de música tradicional e de autor de Os Cempés de sempre cas posibilidades que ofrece o trío de instrumentos básico do rock & roll: Batería, baixo e guitarra eléctrica.

Moe a Moa é o nome da xira que comeza aos 10 anos de existencia do grupo na que se lembran temas clásicos dos últimos 10 anos de vida do grupo, e sobre todo, o que será o cuarto traballo de OS CEMPÉS.

EN VIGO I EN DIRECTO[editar | editar a fonte]

Aquel novo traballo gravouse nun concerto en Vigo, no auditorio municipal, os días 26 e 27 de setembro de 2003, e despois de tres meses de edición, deseño e burocracia sae á rúa, co selo MadameMir o 26 de decembro de 2003. Chámase "Moe a moa" e foi presentado en 10 concertos que percorreron Galicia durante Xaneiro do 2004. Os Seguintes anos serian unha sucesión de Concertos en Galicia e resto de España ata o ano 2007.

2007 despedida e descanso.[editar | editar a fonte]

Durante este ano Os Cempés despídense dos seus seguidores nunha gran Xira no Verán e un emotivo concerto en Ferrol sen data de volta.

A VOLTA DE OS CEMPÉS con TENTEMOZO 2012:[editar | editar a fonte]

Despois de Varios pequenos concertos informais en 2010 e Os Cempés voltan a organizarse para facr un concerto no Festival da Fin do Camiño en Fisterra con nova Formación e novos temas coa intención de retomar a producción de discos e realizar concertos de novo en todo tipo de escearios.

OS CEMPÉS voltan aos escenarios cun novo álbum para celebrar os 20 anos que pasaron dende o seu primeiro concerto oficial.

A banda se reinventa de novo con TENTEMOZO, nunha nova gravación na que participan máis de 50 artistas entre músicos, técnicos e creativos. TENTEMOZO é o quinto álbum desta banda das terras do Ferrol, e ó mesmo que aconteceu cos seus discos anteriores, neste Os Cempés atopan novos camiños sonoros e recrean con novos timbres o seu propio son característico e único.

Este álbum é posíbel grazas o financiamento de 740 seguidores e amigos incondicionais da banda. Cada un deles está nomeado no libreto do álbum. O repertorio é unha selección de músicas para bailar, as máis fermosas coplas e as mellores melodías do cancioneiro popular, arranxadas polo propio grupo agás novas composicións. A dirección artística e coordinación xeral foi de Oscar Fernández.

O son de TENTEMOZO é unha exaltación do carácter acústico dos instrumentos populares, nunha sucesión de temas con arranxos que van dende o máis íntimo ao máis orquestrado, todos eles rexistrados do xeito máis fidedigno posible, sempre baixo a mestría e implicación no proxecto de Tomás Ageitos, técnico e gurú do Estudio A Ponte, en Compostela.

Música da Terra para comezar unha revolución, e tamén para namorar, para bailar sen parar toda a noite, para rir, para sentir sensacións de tempos pasados ou como banda sonora dos presentes.

Os convidados especiais nesta gravación son: As Mozas e Mozos da Escola Livre da Musica Popular Galega (ELMPG) e os amigos colaboradores de luxo: Begoña Lorenzo, Carlos Quintá, José Díaz, Pablo Doval, Benxa Otero, Iván García, Uxía Muiño, Luis Peixoto, Tiago Pereira, Martín e Miguel Sanjurjo.

Membros[editar | editar a fonte]

A última formación do grupo para o Disco TENTEMOZO (2012):

Membros anteriores[editar | editar a fonte]

Colaboradores[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]