Lei de Ohm

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lei de Ohm, que recibe o nome do físico alemán Georg Simon Ohm, establece a proporcionalidade, a temperatura constante, entre a caída de potencial (V) entre os extremos dun condutor e a corrente eléctrica (I) que circula ao seu través, isto é

R é unha constante de proporcionalidade que vai depender da temperatura, e das características do condutor (material e dimensións). Recibe o nome de resistencia, e para comprender o seu significado pódese dicir que dá conta da dificultade que opón un condutor determinado ao paso das cargas (a corrente) para unha diferenza de potencial dada.

Descrición[editar | editar a fonte]

Matematicamente:
Triángulo coa lei de Ohm.

Esta lei cúmprese nas denominadas resistencias óhmicas, ou tamén resistencias ideais. A maior parte dos materiais condutores en condicións non extremas exhiben un comportamento aproximadamente óhmico que permite o emprego desta lei sen maiores problemas. Un exemplo de que non se cumpre a lei atópase na deterioración do material que pode provocar un paso de corrente, repercutindo nunha variación da resistencia que rompe esta proporcionalidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.