Emile Berliner
Emile Berliner, nado o 20 de maio de 1851 e finado o 3 de agosto de 1929, foi un inventor xermano-estadounidense do transmisor telefónico, do gramófono, dos discos de vinilo e precursor do micrófono. Tamén dedicou gran parte da súa fortuna en axudar a reducir a mortalidade infantil.[1]
Índice |
Biografía [editar]
Naceu en Hannover, Alemaña, aos 19 anos emigrou a Estados Unidos (1870) seguindo o exemplo dun amigo. Pasaba moito tempo na biblioteca do Instituto Cooper, onde adquiriu interese pola electricidade e o son.
En 1876 asistiu en Filadelfia a unha gran exhibición de inventos e descubrimentos científicos, incluíndo o primeiro teléfono de Alexander Graham Bell que fascinou a Berliner. Comezou entón a investigar como melloralo na súa vivenda en Washington, até que logrou crear un bo emisor para enviar mensaxes sen importar a distancia. En termos simples, inventou un micrófono.
En setembro de 1877, a empresa Bell Telephone de Boston pagoulle a Berliner polo seu invento e contratouno para desenvolver outras melloras, até que en 1883 deixou a compañía e regresou a Washington para traballar no seu laboratorio. Alí inventou o gramófono en 1887, que permitiu a gravación e reprodución de sons en discos.
Gramófono e fonógrafo non son sinónimos [editar]
Ambos utilizan a gravación mecánica (un dos tres sistema analóxicos de gravación), pero é o único que teñen en común. O fonógrafo utilizaba cilindros, como as caixas de música. O gramófono usaba discos, aínda que non estaban feitos de acetato de vinilo.
Thomas Edison patentou o fonógrafo en 1877, Berliner o gramófono case unha década máis tarde.
O gramófono comezou a ser comercializado en 1893 pola compañía "The United States Gramophone Company" que Berliner fundou. Cara a 1899, o invento de Emile Berliner estaba en mans de tres compañías: "The Berliner Gramophone Company" (Philadelphia) que fabricaba os gramófonos e os discos, "The Seaman National Gramophone" (New York) que levaba a cabo a comercialización e "United States Gramophone Company" (Washington) da que el era dono.
O 2 de xaneiro de 1900 Berliner comeza a fabricar en Montreal os discos de sete polgadas dun só lado ou sinxelos. A principios do mesmo ano, a segunda das compañías mencionadas negociou un acordo coa "American Gramophone and Columbia Phonograph" para fabricar o zonófono, un aparato similar. Berliner considerouno unha traizón ao acordo de exclusividade que tiña, o que se agravou cando mediante un xuízo comercial a "Seaman National Gramophone" logrou que se prohibira á compañía de Berliner vender o seu invento en Estados Unidos. Por isto, Berliner trasladou a súa empresa a Montreal (Canadá), a cal pasou a chamarse "Berliner Gram-O-phone Company".
O 16 de xullo de 1900, Berliner rexistrou o logotipo da súa compañía: un can escoitando un gramófono. En 1924, a compañía foi comprada por "Victor Talking Machine Company", a cal en 1929 pasou a chamarse RCA Victor, tras ser adquirida por Radio Corporation of America (RCA). Emile Berliner faleceu o 3 de agosto de 1929, como consecuencia dun infarto de corazón.
Algunhas publicacións [editar]
Libros [editar]
- Conclusions, 1902, Kaufman Publishing Co.
- The Milk Question and Mortality Among Children Here and in Germany: An Observation, 1904, The Society for Prevention of Sickness
- Some Neglected Essentials in the Fight against Consumption, 1907, The Society for Prevention of Sickness
- A Study Towards the Solution of Industrial Problems in the New Zionist Commonwealth, 1919, N. Peters
- Muddy Jim and other rhymes: 12 illustrated health jingles for children, 1919, Jim Publication Company.
Patentes [editar]
Imaxes de patentes en TIFF
- Patente USPTO n.º 199141: «Telephone» (bobina indutiva), pedido outubro de 1877, dado xaneiro de 1878
- Patente USPTO n.º 222652: «Telephone» (micrófono de diafragma a carbón), pedido agosto de 1879, dado decembro de 1879
- Patente USPTO n.º 224573: «Microphone» (loose carbon rod), pedido setembro de 1879, dado febreiro de 1880
- Patente USPTO n.º 225790: «Microphone» (spring carbon rod), pedido nov. 1879, dado marzo de 1880
- UK Patent 15232 pedido 8 de novembro de 1887
- Patente USPTO n.º 372786: «Gramophone» (rexistro horizontal), orixinal pedido maio de 1887, repedido setembrp de 1887, dado 8 de novembro de 1887
- Patente USPTO n.º 382790: «Process of Producing Records of Sound» (rexistro en fina cera sobre metal ou vidro, subsecuentemente fixado quimicamente), pedido marzo de 1888, dado maio de 1888
- Patente USPTO n.º 463569: «Combined Telegraph and Telephone» (micrófono), pedido xuño de 1877, dado novembro de 1891
- Patente USPTO n.º 548623: «Sound Record and Method of Making Same» pedido marzo de 1893, dado outubro de 1895
- Patente USPTO n.º 564586: «Gramophone» (recorded on underside of flat, transparent disk), pedido 7 de novembro de 1887, dado xullo de 1896
Notas [editar]
- ↑ «Emile Berliner (1851 - 1929)» Museo de las comunicaciones
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Bibliografía [editar]
- Wile, Frederic William (1974). Emile Berliner Maker of the Microphone. Ayer Company. ISBN 0-405-06062-9.
Ligazóns externas [editar]
- Emile Berliner e o nacemento da industria de gravación na Biblioteca do Congreso (en inglés)
- Emile Berliner: Inventor do gramófono (Biblioteca do Congreso) (en inglés)
- Berliner en Inventor's Hall of Fame
- Museo das ondas Emile Berliner, de Montreal, Quebec.