Ágreda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°51′18″N 1°55′13″W / 41.85500°N 1.92028°W / 41.85500; -1.92028

Ágreda
Bandera del Ágreda.svg Escudo de Ágreda.svg
Vista general de Ágreda desde la carretera de Vozmediano.jpg
Vista xeral de Ágreda.
Situación xeográfica
Ágreda (Soria) Mapa.svg
País España España
Com. Autónoma Castela e León
Provincia Soria
Comarca Moncayo
Xeografía
Altitude 940 msnm
Superficie 164,93 km²
Poboación
Poboación 3.167 hab. (2012)
Densidade 19,26 hab./km²
Xentilicio agredeño/a
Información
Código postal 42100
Alcalde Jesús Manuel Alonso Jiménez (PSOE)
Páxina web www.aytoagreda.com

Ágreda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 3.167 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 164,93 km².

Ágreda está aos pés do Moncayo, protexida por un terreo escarpado e dividida polo río Queiles, moi aprezado polos romanos. Nos seus 3.500 habitantes, percíbese o movemento fronteirizo que a caracterizou e que a caracteriza: o intercambio comercial e cultural.

Da súa antigüidade celtíbera queda constancia o Castro natural de la Muela e algunhas moedas celtibéricas recollidas co nome de Aregrada.

Da época romana fican a pequena ponte de acceso ao Barrio mouro, un anaco de muralla e un par de inscricións.

Da visigótica existe a mención nalgún códice dunha igrexa, a de San Xulián.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]