Moncayo
| Moncayo | |
|---|---|
|
|
|
| Elevación: | 2.314 metros |
| Latitude: | 41° 47′ 17″ N |
| Lonxitude: | 1° 50′ 18″ E |
| Localización: | Soria, Zaragoza |
| Cordilleira: | Sistema Ibérico |
| Primeira acensión: | ? |
| Rota máis fácil: | Desde o santuario da Virxe do Moncayo |
|
|
|
O Moncayo, ás veces tamén chamado Monte de San Miguel é unha montaña de 2.314,3 m.s.n.m., que forma parte do Sistema Ibérico, situada entre a provincia de Zaragoza (Aragón) e a provincia de Soria (Castela e León), en España. Pola súa altura é a cima máis elevada do Sistema Ibérico e un dos picos emblemáticos da Península Ibérica.
Desde 1978 o contorno onde se ergue está protexido como Parque Natural de la Dehesa del Moncayo cunha superficie de 9.848 ha.
Clima [editar]
O clima é do máis duro dentro do conxunto do Val do Ebro, aínda que as temperaturas máis baixas se alcanzan nas depresións que cortan os ríos e que poden superar os -15 °C. Ao tempo é a zona máis chuviosa, especialmente na cara setentrional do macizo, onde converxe a nubosidade procedente do noroeste da península, o que fai que as precipitacións medias anuais estean arredor dos 1.000 mm.
Vexetación [editar]
O relativamente nivel alto de precipitacións, favorece a aparición de plantas propias doutros dominios florais, como o carballo, que se desenrola nas ladeiras setentrionais baixas, e a faia, que xurde nas zonas de avesedo.
Vías de ascenso [editar]
- Santuario da Virxe do Moncayo (2h).
- Fonte dos Frailes (2h45).
- Litago (1h15, pola Fonte dos Frailes.
- Cueva de Ágreda (2h30).
- Beratón (2h45).
- * *