Sotalia fluviatilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sotalia fluviatilis
Tucuxí
DELFIN DEL ORINOCO2.JPG

Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano

Estado de conservación
CC: datos insuficientes [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Infraorde: Delphinida
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Cephalorhynchinae
Xénero: Sotalia
Especie: S. fluviatilis
Nome binomial
Sotalia fluviatilis
(Gervais & Deville, 1853) [2]
Distribución de Orcaella brevirostris

Distribución de Orcaella brevirostris
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Sotalia pallida (Gervais, 1855)
  • Sotalia tucuxi (Gray, 1856)
  • Delphinus fluviatilis Gervais e Deville, 1853
  • Sotalia fluviatilis fluviatilis (Gervais and Deville, 1853)

Sotalia fluviatilis é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos que vive tanto nas costas do norte e o leste de Sudamérica como nos ríos da bacía do Amazonas. Aínda que comparte o seu hábitat cos chamados golfiños de auga doce non está relacionada con eles filoxeneticamente, xa que está clasificada dentro do grupo dos delfínidos ou golfiños oceánicos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por Gervais e Deville en 1853 como Delphinus fluviatilis'[2] e máis tarde reclasificada dentro do xénero Sotalia, creado por John Edward Gray en 1866, primeiro polo propio Gray e 1853 como Sotalia fluviatilis fluviatilis, despois por Gervais en 1855 como S. pallida e máis tarde, en 1856, por Gray como S. tucuxi. Como hoxe non están admitidas subespecies neste xénero, o nome científico válido actualmente é Sotalia fluviatilis Gervais e Deville, 1853.

Durante moitos anos considerouse s Sotalia como uin xénero monotípico, até que en 2007, como resulado de análises morfométricos e de ADN mitocondrial.[3] separouse del Sotalia guianensis [4] [3] como especie distinta.[5]

Por certo, o nome específico tucuxi que lle aplicou Gray en 1853 ten a mesma orixe que o do xénero Tucuxa, creado polo citado Gray en 1966 e hoxe considerado como sínónimo de Sotalia. Ambos os termos derivan do tupí tukuxí-ana, que é o nome que lle dan a este golfiño os indíxenas do Amazonas. E por iso tucuxi (con pronuncia aguda) foi adoptado pola comunidade científica internacioinal cono nome vulgar da especie.

Descrición[editar | editar a fonte]

As características principais deste golfiño son:[6]

  • Corpo de pequeno tamaño, robusto, de forma que recorda, a algúns observadores, á da beluga, ou á do arroaz a outros, pero de menor tamaño, de até 2,1 de lonxutude nos espécimes exclusivamente mariños e de tan só 1,5 m nos exclusivaemte fluiviais.
  • A coloración é relativamente clara, especialmente na rexión ventral. O dorso é de cor gris azulada no dorso e nos flancos, con variacións que poden ir desde unha tonalidade gris azulada algo escura até a azul clara, pasando por unha gris intermedia. A rexión ventral é moito más clara, a miiúdo rosada no ecotipo fluvial e gris pálida no medio mariño.
  • A cabeza é arredondada, roma, con melón de gran tamaño e con bico á penas marcado.
  • A aleta dorsal é curta, tiangular e co ápice romo. En cambio as aletas pectorais son longas, anchas, espatuladas ou apuntadas, cos bordos anteriores moi curvos. O pedúnculo caudal é estreito, rematando nunha aleta caudal ancha, cunha profunda fendewdura media separando os dous lóbulos, que teñen os bordos posteriores lixeiramente cóncavos.

Comportamento[editar | editar a fonte]

É un nadador lento. Emerxe cun movemento de xiro suave e lanto, como un balanceo. As inmersióins duran de 30 a 60 seg, e adoitan de ir seguidos de 3 respiracións en rápida sucesión. É capoaz de permanecer mergullado até 12 min. Amosa pouco de si mesmo na superficie, pero ás veces saca a cabeza da auga para vixiar, dá golpes coa cola na auga ou salta. Para facer inmersións profundas levanta a cola da agua arqueando o pedúnculo caudal.[6]

Distribución e poboación[editar | editar a fonte]

Os espécimes mariños encóntranse cerca dos estuarios, enseadas protexidas e outras zonas de augas pouco profundas en todo o norte e o leste da costa de Sudamérica, imcluíndo as do sur do mar Caribe. Tense visto tan lonxe ao norte como en Nicaragua, e polo sur até Florianópolis (Brasil). Os fluviais habitan ao longo do río Amazonas e en moitos dos seus afluentes. Encóntranse no Perú, ao sueste de Colombia e no Ecuador oriental. Varios exemplares foron vistos no río Orinoco e no lago de Maracaibo (Venezuela).[6] O estatus das súas poboacíóns descoñécense, e por iso a UICN cualificou a especie como "CC" (datos insuficientes).[1]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Aliméntase, en augas abertas e nos fondos, de camaróns e outros crustáceos, peixes e cefalópodos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Secchi, E. (2012): Sotalia fluviatilis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. 2013.1.
  2. 2,0 2,1 2,2 Sotalia fluviatilis (Gervais and Deville, 1853) en SIIT.
  3. 3,0 3,1 Sotalia guianensis (Van Bénéden 1864) en Convention on Migratory Species. 2010.
  4. Cunha, H. A., V. M. F. da Silva, J. Lailson-Brito Jr., M. C. O. Santos, P. A. C. Flores, A. R. Martin, A. F. Azevedo, A. B. L. Fragoso, R. C. Zanelatto e A. M. Solé-Cava (2005): "Riverine and marine ecotypes of Sotalia dolphins are different species". Marine Biology 148: 449–457. Resume.
  5. Wilson & Reeder (eds.) (2005).
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Carwardine, M. (1995), pp. 222-223.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sotalia fluviatilis
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sotalia fluviatilis

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. ISBN 0801882214.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]