AmigaOS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  
Amiga500 system1.jpg
Desenvolvedor
Familia de S.O.
Lanzamento
En galego
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento
Núcleo
Tipo de núcleo
Licenza
Última versión estable ()
Estado actual
Precedido por
Sucedido por
Sitio web

AmigaOS é o sistema operativo que vén por defecto nos ordenadores Amiga. Foi desenvolvido primeiro por Commodore International, e inicialmente presentado en 1985 xunto coa Amiga 2000. Comezou a funcionar nun microprocesador da serie Motorola da familia 68k (68000, 68010, 68020, 68030, 68040 e 68060) de 32-bit, exceptuando o AmigaOS 4 que funciona só nos microprocesadores PowerPC.

As primeiras versións (1.0, 1.1, 1.2 e 1.3) do sistema operativo que levaban os ordenadores da familia Amiga chamábanse Amiga Disk Operating System ou AmigaDOS. Máis tarde cambióuselles o nome por AmigaOS, manténdose este actualmente.

Posúe as seguintes características:

  • Multitarefa preemptiva ao estilo UNIX empregando un sistema de prioridades.
  • Arquitectura microkernel.
  • Interrupcións programables en tempo real con moi baixas latencias.
  • Sen protección de memoria.
  • Deseño de 32 bit.
  • Dispositivos de sistema de ficheiros programables.

Vén separado en dúas partes:

  • Kickstart
  • Workbench