FreeBSD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  
Desenvolvedor
Familia de S.O.
Lanzamento
En galego
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento
Núcleo
Tipo de núcleo
Licenza
Última versión estable ()
Estado actual
Precedido por
Sucedido por
Sitio web

FreeBSD é un sistema operativo libre para ordenadores con soporte de múltiples arquitecturas (alpha, amd64, ARM, x86, IA-64, MIPS, PC-98, Power PC, sparc). FreeBSD está baseado en BSD 4.4 de Computer Systems Research Group (CSRG) da University of California, Berkeley seguindo a tradición que distingue o desenvolvemento dos sistemas BSD. Ademais do bo traballo realizado polo CSRG, o proxecto FreeBSD investiu miles de horas en axustar o sistema para ofrecer as máximas prestacións en situacións de carga real. Distribúese baixo licenza BSD.


Características[editar | editar a fonte]

FreeBSD é un sistema operativo multiusuario, multitarefa con apropiación, inspirado na variante 4.4 BSD-Lite de UNIX. Aínda que FreeBSD non pode ser propiamente chamado UNIX, ao non ter adquirido a debida licenza de The Open Group, FreeBSD está feito para ser compatible ca norma POSIX, ó igual que varios outros sistemas "clones de UNIX". O sistema FreeBSD inclúe o kernel, a estrutura de ficheiros do sistema, librerías da API de C, e algunhas utilidades básicas.

Distribución[editar | editar a fonte]

Os instaladores, código fonte e paquetes do sistema operativo FreeBSD distribúense de maneira gratuíta ao público, en forma de ficheiros dispoñibles nos servidores FTP a través da web. Tamén é posible compralos en forma de CD-ROMs ou DVDs nalgúns distribuidores, principalmente nos Estados Unidos.

Cota de mercado dos S.O. BSD

Instalación[editar | editar a fonte]

A instalación do sistema FreeBSD pode ser iniciada de dúas formas. A máis común é a utilización dun CD-ROM ou DVD auto-arrancable, que carga unha versión abreviada do sistema operativo e un instalador con interface textual (Console User Interface) chamada sysinstall.

Tamén é posible iniciar a instalación do sistema utilizando un xogo de 2 ou 3 disquetes (en función da versión que se desexa instalar), que arrancan o ordenador co xa mencionado sistema FreeBSD abreviado, e levan a mesma utilidade sysinstall. A utilidade sysinstall é a encargada de instalar realmente o sistema operativo, e posúe varias alternativas. A saber, instalar o sistema utilizando os datos dispoñibles nun dispositivo de almacenamento local (CD-ROM, DVD, directorio nun sistema de arquivos FAT, etc.), ou obténdoos desde un sitio remoto a través dun protocolo de transferencia de ficheiros (HTTP, FTP, NFS, etc.).

O igual que para Linux, unha parte importante da instalación centrase no particionamento do disco duro, pois o sistema FreeBSD utiliza un sistema de ficheiros particular (chamado as veces UFS), diferente do utilizado polos sistemas Windows, ou Linux.

Ports[editar | editar a fonte]

Os Ports, é un "sistema de instalación" de paquetes práctico e eficiente utilizado polo FreeBSD. Consiste nunha estrutura de directorios, os cales posúen ficheiros (Makefiles) que especifican todos os requisitos da instalación, como se debe compilar o código fonte, e o necesario instalar os ficheiros binarios creados dun determinado paquete no sistema. Isto funciona de forma practicamente automática, ou con pouca intervención do usuario.

O soporte de Ports é enorme, tendo actualmente máis de 14.500 paquetes, raramente é necesario que teñas que descargar un programa que necesites xa que o traerá incluído.

Os ficheiros binarios sen compilar dos Ports son chamados "paquetes" e están dispoñibles para descargar. Aínda que poden ser instalados automaticamente; sabéndose o nome do paquete e pasando este como parámetro ao comando "pkg_add -r" pódese instalar manualmente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]