NetBSD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NetBSD logo.png  NetBSD
Desenvolvedor Fundación NetBSD
Familia de S.O. UNIX-like
Lanzamento {{{lanzamento}}}
En galego ?
Espazo de usuario {{{espazo_de_usuario}}}
Interface de usuario {{{interface_de_usuario}}}
Modelo de desenvolvemento Código aberto
Núcleo BSD
Tipo de núcleo Monolítico
Licenza BSD
Última versión estable 6.0.1 (26 de Decembro de 2012)
Estado actual En desenvolvemento
Precedido por {{{precedido_por}}}
Sucedido por {{{sucedido_por}}}
Sitio web www.netbsd.org

NetBSD é un sistema operativo tipo Unix, libre (baixo a licenza BSD), seguro e dispoñíbel para multitude de plataformas, actualmente está na versión 3.0. O seu bo deseño e as súas características avanzadas fano ideal para multitude de aplicacións. NetBSD surxiu como resultado do esforzo dun gran número de persoas que teñen como meta producir un sistema operativo tipo Unix accesíbel e libremente distribuíbel.

NetBSD está basado nunha gran variedade de software libre que inclúe entre outros, a 4.4BSD Lite da Universidade de California-Berkeley, a Net/2 (Berkeley Networking Release 2) o sistema de ventás X do MIT e software GNU.

Cuota de mercado dos S.O. BSD

Actualmente NetBSD centrase en ofrecer un sistema operativo estábel, multiplataforma e orientado á investigación. Está deseñado tendo como prioridade escribir código de calidade ben organizado, e tendo moi en conta tamén o cumprimento de padróns ou estándares (POSIX, X/Open e outros máis relevantes): proba deste bo diseño é a súa amplia portabilidade, actualmente a 56 plataformas.

Trátase dun sistema operativo maduro, produto de anos de desenvolvemento (as orixes de BSD están sobre o ano 1977), e partindo do sistema UNIX sexta edición.

Algunhas vantaxes sobre outros sistemas operativos:

  • A mellor calidade de código (portado a 56 arquitecturas).
  • A miúdo é pioneiro en implementar novas tecnoloxías (por exemplo IPv6).
  • Alta seguridade e estabilidade: foi usado na NASA.
  • Sistema de ficheiros BSD FFS (Fast File System), rápido e fiábel.
  • Seguridade: soporte de IPsec.
  • XEN: soporte nativo de máquina virtual XEN en versión 3.0.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]