Linguaxe ensambladora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Linguaxe Ensamblador (en inglés assembler ou máis propiamente assembly language) é a linguaxe de programación que comparte as instrucións co código máquina, aínda que o ensamblador esta en formato lexible para o ser humano, mentres que o código máquina é unha secuencia de bytes. Hai polo tanto (ata certo punto) unha relación biunívoca (1 a 1) entre un código máquina, especifico dunha arquitectura de computador, e o ensamblador asociado a el. O compilador, que converte o ensamblador en código máquina, fai certos engadidos que implican que esa relación non sexa exactamente biunívoca mais preto de selo.

Cada arquitectura de computador ten o seu código máquina propio e, polo tanto, a súa linguaxe ensamblador específica. Polo tanto, cada linguaxe ensamblador ten un número e tipo de operacións específico. Tamén pode ter diferentes tamaños de memoria e número de rexistros.