Módem
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa informática que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Módem é o acrónimo de modulador-demulador, un dispositivo que converte os sinais dixitais que emprega o ordenador en sinais analóxicos (modulación) para poder conectarse a través da RTB e os sinais analóxicos transmitidos polo cable de teléfono en dixitais (demulación).
Os módems externos conéctanse ao porto serie do ordenador e á liña telefónica. Os módems internos son tarxetas de expansión do ordenador que se integran na placa base.
A velocidade do módem mídese en quilobits por segundo (Kbps).