Berkeley Software Distribution

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

BSD son as siglas de Berkeley Software Distribution (Distribución de Software Berkeley). Utilízanse para identificar un tipo de sistema operativo derivado do UNIX nado a partir das aportacións realizadas a ese sistema pola Universidade de Berkeley en California.

Historia[editar | editar a fonte]

Nos primeiros anos do sistema UNIX, os seus creadores, os Laboratorios Bell da compañía AT&T, autorizaron á Universidade de California en Berkeley e a outras universidades a utilizar o código fonte e adaptalo as súas necesidades. Durante a década dos setenta e dos oitenta Berkeley utilizou o sistema para as súas pescudas e investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á universidade por motivos comerciais, a universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema UNIX mediante a reescritura das partes descendentes deste e utilizando as aportacións que eles realizaran —especialmente a súa implementación do TCP, o primeiro compoñente en ser distribuído por separado—, permitindo despois a súa distribución con fin académico e ao cabo dalgún tempo reducindo ao mínimo as restricións referentes á súa copia, distribución e modificación (a licenza BSD).

Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desenvolvido por Berkeley son o SunOS, o FreeBSD, o NetBSD, o OpenBSD e o Mac OS X. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral como o manexo de memoria virtual paxinado por demanda, o control de traballos, o Fast FileSystem, o protocolo TCP/IP e o editor de texto vi.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Universidade de California, Berkeley