Lista de rañaceos en Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Torre Agbar, de 154 metros de altura.

Barcelona é a cidade con máis rañaceos de Cataluña. Incluíndo a súa área metropolitana é a cidade con máis edificios de máis de 100 m de altura de España. Os rañaceos atópanse dispersos pola cidade, aínda que hai zonas de concentracións máis elevadas como Diagonal Mar ou a Praza de Europa, esta última no municipio de L'Hospitalet de Llobregat.

A primeira construción masiva de rañaceos debeuse á chegada dos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992. Construíronse, entre outros, a Torre Mapfre e o Hotel Arts, ambos de 154 metros, na Vila Olímpica.

A segunda etapa de construción de rañaceos foi impulsada polo Fórum Universal das Culturas 2004 no barrio do Poblenou, a zona industrial máis grande de España durante os séculos XIX e XX.

Actualmente hai outros grandes proxectos urbanísticos ao redor da Praza de Europa de L'Hospitalet, a praza de Ildelfons Cerdà, a cidade xudicial, as estacións de Sants e Sagrera e o Distrito 22@ de Barcelona.

Lista dos rañaceos máis altos[editar | editar a fonte]

Posto Edificio Altura Número de plantas Ano de inauguración Uso Distrito
1 Hotel Arts 154 m 44 1992 Hotel Ciutat Vella
2 Torre Mapfre 154 m 43 1992 Oficinas Sant Martí
3 Torre La Sagrera 148 m 36 En proxecto Mixto Sant Andreu
4 Torre Agbar 144 m 34 2004 Oficinas Sant Martí
5 Habitat Sky 116 m 31 2008 Hotel Sant Martí
6 Hotel Porta Fira 113 m 26 2010 Hotel L'Hospitalet
7 Torre Realia BCN 112 m 24 2009 Oficinas L'Hospitalet
8 Edificio Diagonal Zero Zero 110 m 24 2009 Oficinas Sant Martí
Edificio Colón 110 m 28 1970 Oficinas Ciutat Vella
10 Hotel Princess Barcelona 109 m 26 2004 Hotel Sant Martí