Cidade Ho Chi Minh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 10°46′10″N 106°40′55″E / 10.76944°N 106.68194°E / 10.76944; 106.68194

Cidade Ho Chi Minh
SaigonCollage.jpg
Situación xeográfica
LocationVietnamHoChiMinh.png
País Flag of Vietnam.svg Vietnam
'
Xeografía
Altitude 19 msnm
Superficie 2.095 km²
Poboación
Poboación 7.521.138 hab. (2011)
Densidade 3.590 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Nguyễn Thị Quyết Tâm
Páxina web Páxina oficial da Cidade Ho Chi Minh

Cidade Ho Chi Minh (en lingua vietnamita Thành Phố Hồ Chí Minh), a antiga Saigón (Sài Gòn) é unha cidade do sur de Vietnam, a maior do país. Enclavada no norte do delta do Mekong e no oeste da desembocadura do río Saigón, baixo o nome khemer , foi o principal porto de Camboxa antes da anexión da zona polos vietnamitas no século XVII. Baixo o nome de Saigón foi capital do protectorado francés da Cochinchina ata 1954 e logo pasou a ser a capital de Vietnam do Sur despois da independencia ata 1975. Dende entón conservou un aire cosmopolita con forte presenza occidental. Foi e continúa a ser un activo porto e centro comercial, financeiro e cultural. Após a vitoria do norte na guerra de Vietnam, decaeu un chisco a súa puxanza e o seu nome oficial pasou a ser Cidade Ho chi Minh. Conta cunha poboación de 5.750.000 de habitantes (2001).

A cidade atópase a 60 quilómetros do Mar da China Meridional, a 1.760 quilómetros ao sur de Hanoi, a capital do país e a menos de 300 quilómetros ao sueste de Phnom Penh, a capital de Camboxa.

A área metropolitana consiste, ademais da propia Cidade Ho Chi Minh, nas poboacións de Thủ Dầu Một, Di An, Bien Hoa e numerosas poboacións veciñas, o que suma unha poboación total de 9 millóns de persoas, sendo así unha das metrópoles máis grandes do sueste asiático.

Centro da cidade
Casa do concello

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade Ho Chi Minh