Distrito de Viseu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Viseu

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°39′25″N 7°54′50″O / 40.6569, -7.9139Coordenadas: 40°39′25″N 7°54′50″O / 40.6569, -7.9139
EstadoPortugal Editar o valor em Wikidata
CapitalViseu Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación96.991 (2018) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PT-18 Editar o valor em Wikidata

O Distrito de Viseu é un distrito portugués pertencente, na súa maior parte, á provincia tradicional da Beira Alta, mais incluíndo tamén concellos pertencentes ao Douro Litoral e a Tras-os-Montes e Alto Douro. Limita a norte co Distrito do Porto, o Distrito de Vila Real e o Distrito de Braganza, ao leste co Distrito da Guarda, ao sur co Distrito de Coímbra e ao oeste co Distrito de Aveiro. A sede do distrito é a cidade co mesmo nome.

Orixinalmente, a reforma administrativa de Mouzinho da Silveira puxo a sede do distrito en Lamego (sendo, por iso, denominado Distrito de Lamego), mais a sede foi transferida a Viseu no ano de 1835, co consecuente renomeamento do distrito.

Características[editar | editar a fonte]

É o único distrito portugués que non linda nin co mar nin con España. Ten unha área de 5.007 km², sendo o noveno maior distrito português. En 2009 tiña unha poboación residente residente de 391 215 habitantes.[1]

Viseu é o único caso dun distrito portugués cun enclave,[2] debido ao encravamento da freguesía de Guilheiro (concello de Trancoso, distrito da Guarda) entre os concelos de Sernancelhe e Penedono, en Viseu.

Na actual división do estado luso, o distrito repártese pola Rexión Centro e a Rexión Norte. Os concellos da Rexión Centro, xunto cun concellos do Distrito da Guarda, constitúen a subrexión de Dão-Lafões. Os concellos da Rexión Norte divídense polas subrexións de Támega e de Douro.

Municipios[editar | editar a fonte]

Os 24 municipios, repartidos segundo as diferentes rexións e subrexións, son:

Poboación[editar | editar a fonte]

Número de habitantes [3]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
365 781 388 766 398 966 410 231 422 243 410 884 441 579 469 024 494 628 482 416 413 366 423 648 401 871 394 925 377 653

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]