Toro, España
Coordenadas: 41°31′34″N 05°23′41″W / 41.52611°N 5.39472°W
| Toro, España | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Zamora |
| Comarca: | Alfoz de Toro |
| Xeografía | |
| Altitude: | 740 msnm |
| Superficie: | 324,79 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 9.748 hab. (2010) |
| Densidade de poboación: | 30,01 hab/km² |
| Xentilicio: | Toresano/a o cermeño/a |
| Información | |
| Código postal: | 49800 |
| Alcalde: | Jesús Andrés Sedano Pérez (PP) |
| Sitio na web: | http://www.toroayto.es/ |
Toro é un municipio da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.
Índice |
Xeografía [editar]
Localízase no noroeste da Península Ibérica. Ao pé da cidade discorre o río Douro, que pode verse desde a atalaia que ocupa a cidade. Tamén percorren o seu termo o río Guareña e o río Hornija, xunto con outros regatos de menor importancia. O concello é un dos máis extensos da provincia.
Historia [editar]
Na Idade Antiga, a cidade (propiedade do pobo vacceo) era coñecida co nome de Albocela ou Arbucala. Durante a invasión romana da Península, levantouse xunto a Toro un campamento romano para o ataque de astures e cántabros.
Segundo o bispo Sampiro, cronista do rei Afonso III, Toro forma parte dunha repoboación no ano 899, co propósito de evitar que fose reconquistada polas tropas musulmás. Así, o repoboamento trasladou xente "prescindible" ou "excedente" das cidades. Na Idade Media, Toro converteuse nunha das cidades máis prósperas do Reino de León, grazas ao seu viño. A comarca tiña bastante produción vinícola e atribúese ao rei Afonso IX de León a frase "Teño un Toro que me da viño e un León que mo bebe".
En 1476, os partidarios da raíña Isabel a Católica subleváronse contra os lusos de Xoana a Beltranexa que ocupaban a vila.
Durante 400 anos, Toro foi unha das 17 vilas e cidades españolas con dereito a voto en Cortes, ocupando o lugar 12º, despois de Zamora e antes de Madrid.
Demografía [editar]
- Evolución demográfica de Toro desde 2000 ata 2007
| 1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2001 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 8.187 | 7.819 | 8.260 | 10.457 | 9.765 | 9.282 | 9.748 |
Política [editar]
O alcalde dende 1999 é don Jesús Andrés Sedano Pérez (PP). O anterior alcalde foi o socialista Agustín Asensio (alcalde no período 1991-1999).
Naturais ilustres [editar]
- Carlos Latorre (1799-1851), actor teatral.
