Ponte Don Luís I
Coordenadas: 41°08′24″N 8°36′33″W / 41.14°N 8.60917°W
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
| Ponte Don Luís I | |
|---|---|
| Río | Douro |
| Concello | Porto - Vila Nova de Gaia |
| Provincia | Distrito do Porto |
| Data | 1886 |
| Lonxitude | 391 m o taboleiro superior, 174 m o taboleiro inferior |
| Ancho | 5 m |
| Gálibo | |
| Tipo | de arco |
| Material | aceiro |
A ponte Don Luís I sobre o río Douro, une Porto con Vila Nova de Gaia, en Portugal.
Índice |
Historia [editar]
Oficialmente designada "Ponte Luiz I", construída de acordo co proxecto do Enxeñeiro Teófilo Seyrig, que xa colaborara con Eiffel na Ponte de Dona María, foi inaugurada o 31 de outubro de 1886 polo propio Luís I de Portugal.
A Ponte de Don Luís, que veu substituír a Ponte Pénsil, está constituída por un arco de ferro e cinco piares e ten a particularidade de ter dous taboleiros metálicos con cinco metros de largura cada un. O taboleiro superior ten de longo 391 metros e o inferior 174. A ponte é unha auténtica filigrana de ferro e, xuntamente coa Torre dos Clérigos, é un dos símbolos do Porto.
A Ponte de Don Luís permitiu unha ligazón viaria desafogada entre as zonas baixa e alta de Vila Nova de Gaia e do Porto e, dunha forma máis xeral, entre o norte e o sur do país, durante largas décadas. A partir da segunda metade do século XX, no entanto, comezou a revelarse insuficiente para asegurar o transito automóbil entre as dúas marxes.
Galería de imaxes [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Instituto de Gestão do Património Arquitectónico e Arqueológico (en portugués).
- Modelo en 3D en Google Earth (cómpre ter Google Earth instalado).
- Nicolas Janberg's Structurae (en inglés).