Río Warta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Warta
Santok village1.jpg
Unión Warta e Noteć
País Polonia
Rexión n/d
Nacemento Montes de Częstochowa
Altitude n/d
Lonxitude 808,2 km
Caudal medio 215 m³/s
Conca 54.529 km²
Desembocadura Río Oder
Mapa hidrográfico de Polonia, onde se pode localizar o curso do Warta.

O río Warta (en alemán Warthe) é un curso fluvial de Polonia, con 808,2 km de curso, case a metade deles navegábeis. É o afluente máis importante do río Oder, ao que se une pola marxe dereita.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace nos montes de Częstochowa, en Silesia, ao oeste da cidade de Zawiercie e ao sur de Częstochowa. Percorre a gran chaira da chamada Gran Polonia, atravesando as cidades de Sieradz, Koło, Konin, Śrem, Posen e Gorzów Wielkopolski, para desaugar en Kostrzyn nad Odrą (Küstrin en alemán) no Oder.

Non só é o máis saliente tributario do Oder, senón que é máis longo que este até a súa xuntanza. Ademais é máis caudaloso.

Afluentes[editar | editar a fonte]

Destacan pola súa lonxitude o Prosna con 217 km de longo e o Noteć con 388 km.

Cidades[editar | editar a fonte]

Na beira do Warta érguense as seguintes cidades importantes: Zawiercie, Myszków, Częstochowa, Działoszyn, Sieradz, Warta, Uniejów, Koło, Konin, Pyzdry, Śrem, Mosina, Puszczykowo, Luboń, Poznań, Oborniki, Obrzycko, Wronki, Sieraków, Międzychód, Skwierzyna, Gorzów Wielkopolski, Kostrzyn nad Odrą.

Medio Ambiente[editar | editar a fonte]

Na desembocadura do Warta foi creado en 2001 un parque nacional (Ujście Warty National Park).

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Warta