Pollachius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pollachius
Pollachius virens
Pollachius virens
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Orde: Gadiformes
Familia: Gadidae
Xénero: Pollachius
Nilsson, 1832 [1]
Especies

Pollachius é un xénero de peixes osteíctios actinopterixios da orde dos gadiformes e familia dos gádidos.[1]

O xénero comprende tan só dúas especies:

ambas moi semellantes e de distribución noratlántica, e obxecto de activa pesca, xa que son moi apreciadas gastronomicamente

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome latino do xénero, Pollachius, deriva do inglés pollack ou pollock, termo derivado do escocés antigo, de orixe escura, que é o nome da especie Pollachius pollachius e, por extensión, de P. virens.[5]

Características[editar | editar a fonte]

P. virens.
P. pollachius no Aquarium Finisterrae da Coruña.

De corpo alongado de até os 130-150 cm de lonxitude e os 10-14 kg de peso, aínda que ordinariamente vense nas lonxas espécimes de entre os 40-80 cm, ou até 1 m, e de 2 a 5 kg, co maxilar inferior que se proxecta cara a diante sobre o superior, ollos grandes, sen barbas no mento, liña lateral arqueada sobre as aletas pectorais, e aleta caudal en forma de media lúa.[6]

A coloración e parda verdosa escura polo lombo e prateada polos costados e no ventre; ambas as especies diferéncianse en que P. virens ten o dorso máis escuro, de cor que oscila entrre a negra e a verde escura, que P. pollachius, o noso coñecido abadexo, do que se distingue tamén por unha fina liña abrancazadas que percorre os flancos.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Viven sobre fondos rochosos, a profundidade variábel, en augas costeiras (os exemplares novos, máis preto do litoral), en grupos (os adultos só se reúnen en cardumes só na época da reprodución, de xaneiro a marzo), alimentándose basicamente de pequenos peixes (crías de muxo, xoubas, pións, etc.), e tamén de crustáceos e moluscos.[7] [6]

Ambas as especies viven no Atlántico norte, P. pollachius desde as costas de Noruega até as do sur de Portugal,[8] mentres que P. virens é máis norteña, estendéndose desde o norte de Francia (Normandía), Holanda e Alemaña até Islandia, polo suroeste de Groenlandia, así como polas costas do leste do Canadá.[9]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Dadas as áreas de distribución de ambas as especies, é lóxico que Pollachius pollachius estea citada en niumerosas zonas do litoral galego, desde Cornide, en 1788 (no que a cita co nome linneano de Gadus pollachius), até Rodríguez Solórzano e outros, que a sitúan sobre fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde a foz do Miño até Ribadeo.[6] [10]

Obviamente, P. virens, cuxa área de distribución chega polo sur até o norte de Francia, non aparece citada na bibliografía, e só se pode ver algunha vez nas lonxas galegas onde se desembarcan capturas da pesca de altura.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pollachius en ITIS (en inglés)
  2. Descrita en 1758 por Linneo como Gadus pollachius.
  3. Pollachius en FishBase. (en inglés)
  4. Descrita en 1758 por Linneo como Gadus virens.
  5. pollack no dicionario Collins (en inglés)
  6. 6,0 6,1 6,2 Rodríguez Villanueva (1995), pp. 174-175.
  7. Rodríguez Solórzano (1983), p. 84.
  8. Pollachius pollachius (Linnaeus, 1758) en FishBase.
  9. Pollachius virens (Linnaeus, 1758) e FishBase.
  10. Solórzano (1988), p. 27.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pollachius
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pollachius

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]