Gádidos
Os gádidos (familia Gadidae) son peixes mariños da orde Gadiformes. Inclúe especies de gran importancia comercial coma o bacallau, burro, merlán, abadexo ou a faneca, e constitúe a segunda familia, despois dos clupeidos, en volume mundial de pesca.[1].
O nome procede do latín gadus, que significa bacallau [2].
Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Oligoceno, a metade do Era Terciaria [3].
Índice |
Anatomía [editar]
Son todos peixes fusiformes, con tres aletas dorsais e dúas anais, todas elas sen espiñas, coa base das aletas pélvicas por diante das pectorais. Presentan dentes no óso vómer da boca e adoitan ter barbas na queixada inferior. Alcanzan tamaños máximos de ata 2 m no caso do Gadus morhua.
Hábitat e forma de vida [editar]
Os membros desta familia distribúense fundamentalmente poas zonas circunpolares e augas temperadas, principalmente no hemisferio norte.
A maioría das especies son bentopeláxicas e aliméntanse doutros peixes e invertebrados. Resulta común que os exemplares xuvenís se agrupen en grandes bancos que migran longas distancias.
Taxonomía [editar]
Considérase que a familia Gadidae divídese nun total de 24 especies válidas, agrupadas en 13 xéneros (FishBase):
- Xénero Arctogadus (Dryagin, 1932)
- Arctogadus borisovi (Dryagin, 1932)
- Arctogadus glacialis (Peters, 1872) - Bacallau do Ártico.
- Xénero Boreogadus (Günther, 1862)
- Boreogadus saida (Lepechin, 1774) - Bacallau polar.
- Xénero Eleginus (Fischer, 1813)
- Eleginus gracilis (Tilesius, 1810) - Bacallau do Ártico.
- Eleginus nawaga (Koelreuter, 1770) - Bacallau navaga.
- Xénero Gadiculus (Guichenot, 1850)
- Gadiculus argenteus argenteus (Guichenot, 1850) - Marujito.
- Gadiculus argenteus thori (Schmidt, 1914)
- Xénero Gadus (Linnaeus, 1758)
- Gadus macrocephalus (Tilesius, 1810) - Bacallau do Pacífico.
- Gadus morhua (Linnaeus, 1758) - Bacallau común ou Bacallau do Atlántico.
- Gadus ogac (Richardson, 1836) - Bacallau de Grenlandia.
- Xénero Melanogrammus (Gill, 1862)
- Melanogrammus aeglefinus (Linnaeus, 1758) - Burro
- Xénero Merlangius (Geoffroy, 1767)
- Merlangius merlangus (Linnaeus, 1758) - Merlán.
- Xénero Microgadus (Gill, 1865)
- Microgadus proximus (Girard, 1854)
- Microgadus tomcod (Walbaum, 1792) - Microgado.
- Xénero Micromesistius (Gill, 1863)
- Micromesistius australis (Norman, 1937) - Polaca.
- Micromesistius poutassou (Risso, 1827) - Lirio.
- Xénero Pollachius (Nilsson, 1832)
- Pollachius pollachius (Linnaeus, 1758) - Abadexo.
- Pollachius virens (Linnaeus, 1758) - Faneca prateada.
- Xénero Raniceps (Oken, 1817)
- Raniceps raninus (Linnaeus, 1758) - Bertorella anana.
- Xénero Theragra (Lucas, 1898)
- Theragra chalcogramma (Pallas, 1814) - Colín de Alaska.
- Theragra finnmarchica (Koefoed, 1956) - Colín de Noruega.
- Xénero Trisopterus (Rafinesque, 1814)
- Trisopterus esmarkii (Nilsson, 1855) - Faneca noruega.
- Trisopterus luscus (Linnaeus, 1758) - Faneca
- Trisopterus minutus (Linnaeus, 1758) - Faneca menor, Capellán ou Mollera.
Notas [editar]
- ↑ "FAO species catalogue. Vol. 10. Gadiform fishes of the world (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to dat". FAO Fish. Synop (125).
- ↑ P. Romero: An etymological dictionary of taxonomy, Madrid 2002
- ↑ L. S. Berg: System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische, VEB Verlag der Wissenschaften, Berlín, 1958.